Introdución ao subxuntivo

Antes de poñer fin a este semestre, explicamos un novo modo verbal, o subxuntivo. Este modo conta de tres tempos: o presente, o copretérito (ou imperfecto) e o futuro. Como xa vimos na aula, para un falante estranxeiro pode resultar moi confuso decidir cando empregar indicativo e cando cómpre poñer subxuntivo. Para aclarar un pouco máis estes conceptos, aquí tedes unha unidade didáctica que vos pode resultar moi útil:

Subxuntivo

ten_teña

presente_indicativo_subxuntivo     subxuntivo_presente     presente_subxuntivo

Os estranxeirismos

A partir deste texto de Séchu Sende (tirado de Made in Galiza) co que había que traballar durante as vacacións de Nadal, aproveitamos para afondar un pouco máis nos estranxeirismos. Aínda que vimos que no galego podemos atopar estranxeirismos de diversas orixes (anglicismos, xermanismos, arabismos…), quixemos prestar especial atención aos castelanismos, polo intenso contacto que se produciu entre estas dúas linguas.

Para aprender máis sobre o tema, aquí tedes a presentación e a folla de exercicios correspondentes.

Ademais, nesta imaxe podedes ver as “capas” que conforman a historia do galego: un substrato prerromano, a base do latín vulgar e o superestrato das invasións posteriores (xermánicas e árabes).

Historia_lingua

O Nadal

Tralas vacacións do Nadal, aquí tedes os materiais que empregamos a finais de decembro para explicar como se viven estas festas en Galicia. Máis vale tarde que nunca.

  • Elementos típicos do Nadal: nesta presentación atoparás dun xeito moi visual os elementos máis populares do Nadal galego: o marisco, o tizón, a cabalgata, os turróns, as uvas…

Doces destas festas

Para as alumnas de Galego III, ademais, unha presentación sobre como facer unha felicitación ou enviar os vosos mellores desexos empregando un novo tempo verbal: o presente de subxuntivo.

Deixo tamén unha fermosa cantiga de Nadal do grupo Berrogüetto.

O Magosto

Imos con un pouco de atraso pero como di o refrán: máis vale tarde que nunca, así que por fin comparto convosco os materias do Magosto para este ano 2014,

Amais das fichas con exercicios, deixo tres presentacións:

1. Unha sobre Festividades do outono

2. Outra moi breve sobre Fenómenos dialectais do galego

3. E unha última sobre a canción da fiilloa de Terbutalina

unidade_imaxe  unidade_outono

terbutalina  

Peaxes

Aquí tedes a unidade didáctica para a lectura deste semestre, Peaxes de Santiago Lopo. Lembrade que a data límite para entregar o traballo é o 20 de xaneiro e que únicamente haberá que enviarmo por correo á miña dirección en formato pdf 

Preme aquí para consultar a unidade en máis detalle.

Este home que cobra na peaxe parece máis contento có noso protagonista