O Magosto

Imos con un pouco de atraso pero como di o refrán: máis vale tarde que nunca, así que por fin comparto convosco os materias do Magosto para este ano 2014,

Amais das fichas con exercicios, deixo tres presentacións:

1. Unha sobre Festividades do outono

2. Outra moi breve sobre Fenómenos dialectais do galego

3. E unha última sobre a canción da fiilloa de Terbutalina

unidade_imaxe  unidade_outono

terbutalina  

A familia, os artigos e os posesivos

Nesta entrada podedes atopar os materiais que empregamos na aula durante a última semana, iso é, o vocabulario para falar das relacións familiares, do estado civil, os posesivos e algúns exercicios para poñer todo iso en práctica.

Tamén hai un documento para repasar o dado sobre os artigos e algunhas fichas sobre erros frecuentes e os usos do verbo ser e ter.

estado civilfamilia

posesivosser_ter

modelos_famila

erroscorrixido

As partes do corpo

Para aprender as partes do corpo, aquí tedes este artigo sobre exercicios para relaxarse na oficina.

Como podedes ver, menciónanse distintas partes: xeonllos, pernas, cabeza, mans, pés, cóbados… Tamén vos deixo logo un pequeno debuxo para completar e un cadro cos distintos usos cos que podemos empregar o imperativo, que tamén aparece no texto.

XimnasiaCorpo_imperativo

Por outra banda, tralo exercicio de hoxe sobre empresas galegas, deixo aquí dúas fotografías: unha de figuras de porcelana de Sargadelos e outra de pezas de roupa de Bimba y Lola.

              

No mercado e no restaurante

Aquí temos algúns materiais máis para rematar a unidade relacionada coa alimentación.

AlimentosPraza_abastos

No_bar

Nestas ligazóns podedes escoitar ou descargar os audios correspondentes:

Na praza: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/U4E4.mp3

No bar: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/U4E7b.mp3

Aquí vos deixo tamén unha fotografía na que podedes apreciar algúns dos petiscos que se mencionan: unha ración de pementos, outra de zorza, que consiste en carne de porco picada e ben adubada, e unha cervexa ben fresquiña, por suposto: Estrella Galicia.

Os alimentos

Comezamos un tema novo falando de comida e de hábitos e gustos alimentarios. Aquí podedes consultar as fichas que vimos na aula.

Na primeira imaxe podedes ler a carta dun restaurante na que se ofrecen pratos típicos de Galicia como caldo, polbo á feira, xoubas con cachelos ou torta de queixo.

Carta_restaurante

Esta segunda imaxe recolle distintos diálogos que poden servirnos para falar dos nosos gustos. Por exemplo:

– Gústache a comida picante?

– A min si.

– Que ben, a min tamén!

Gustos_pronomes

Tamén se recolle nesa imaxe o uso dos pronomes, que xa sabedes que en galego van por norma xeral detrás do verbo, pero que con oracións negativas van antes del. Por exemplo:

– Comes algas?

– Si, cómoas. E ti comes algas?

– Non, eu non as como. 

Finalmente, na terceira imaxe, tedes un resumo das regras de formación de plural e un exercicio para aplicalas.

Formación_plural_alimentos

De propina unha canción de Miguel Costas e Aerolíneas Federales que tamén fala dun alimento, nesto caso, o xamón.

No seguinte documento podedes consultar a letra: Quero_xamón

E ti, onde vives?

Nestas últimas semanas estivemos vendo expresións e vocabulario para falar de onde vivimos: os nosos barrios, as nosas casas…

Tamén aprendimos a pedir e dar información sobre como chegar a un lugar. Por exemplo:

Perdoe, sabe onde queda a biblioteca?

-Si, mira, segues todo recto e viras á esquerda na segunda rúa. Está a uns cinco minutos a pé.

Aquí tedes ese material. Nas ligazóns de debaixo podedes escoitar o audio correspondente a un dos exercicios.

Casas_barriosBarrio_información

Arquivos de audio:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio12.wma

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio13.wma

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio14.wma

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio15.wma

A miña casa

Para describir a vosa casa ideal, cómpre saber algún léxico específico sobre os tipos de vivenda (chalé, piso, estudio…), as partes dunha casa (tellado, parede, teito…) e os cuartos que a forman (salón, comedor…).

Ademais, para facer unha descrición verdadeiramente completa, non podemos esquecernos dos mobles e os electrodomésticos que hai nas casas.

Aquí tedes unha presentación e unha imaxe con vocabulario que vos pode ser de axuda: A miña casa.

Casa_ideal