O Magosto

Imos con un pouco de atraso pero como di o refrán: máis vale tarde que nunca, así que por fin comparto convosco os materias do Magosto para este ano 2014,

Amais das fichas con exercicios, deixo tres presentacións:

1. Unha sobre Festividades do outono

2. Outra moi breve sobre Fenómenos dialectais do galego

3. E unha última sobre a canción da fiilloa de Terbutalina

unidade_imaxe  unidade_outono

terbutalina  

Cadáver exquisito

O cadáver exquisito é un xogo literario en grupo que consiste en que cada persoa escriba unha frase sen ver a totalidade da frase escrita polo xogador anterior. Foi unha técnica popularizada polos surrealistas nos anos 20 do século pasado. O nome deriva da frase que xurdiu a primeira vez que se xogou: « Le cadavre – exquis – boira – le vin – nouveau » (cadáver exquisito beberá o viño novo).

Aquí temos unha mostra das alumnas de Galego III:

Onte camiñaba preto do mar e 

unha muller chamaba ao neno.

As árbores tocan e o vento canta.

O sol báñame.

As filloas son fermosas. 

Receitas

Con motivo da celebración do Magosto/Castanyada/Marunada esta semana, deixo aquí unha receita de filloas moi sinxela:

Filloas

Aquí tedes unha listaxe doutras delicias que podedes preparar para o vindeiro venres:

E para rematar, preséntovos o cartel oficial da festa:
 Marunada