Introdución a Galicia

Antes de comezar a aprender galego, cómpre coñecer un pouco do contexto desta lingua: Onde se fala? Como naceu? Onde se sitúa Galicia? Cantos habitantes ten? Cales son a principais cidades? Que personaxes podemos destacar da súa Historia?

Para resolver estas cuestións, aquí vos deixo unha presentación de introdución a Galicia e o galego.

Programa da materia

Ola! Benvidas a Galego I. Aquí podedes descargar o programa para saber máis información sobre o tipo de avaliación desta materia, as datas de exame ou a escala de puntuación empregada para calificarvos.

Preme sobre esta ligazón para visualizar o documento. Tamén podes descargalo.

O Nadal

Tralas vacacións do Nadal, aquí tedes os materiais que empregamos a finais de decembro para explicar como se viven estas festas en Galicia. Máis vale tarde que nunca.

  • Elementos típicos do Nadal: nesta presentación atoparás dun xeito moi visual os elementos máis populares do Nadal galego: o marisco, o tizón, a cabalgata, os turróns, as uvas…

Doces destas festas

Para as alumnas de Galego III, ademais, unha presentación sobre como facer unha felicitación ou enviar os vosos mellores desexos empregando un novo tempo verbal: o presente de subxuntivo.

Deixo tamén unha fermosa cantiga de Nadal do grupo Berrogüetto.

Programa da materia

Ola a todas! Aquí podedes descargar o programa da materia de Galego I para o ano 2014/2015.

Como podedes ver, é obrigatorio asistir e participar na aula. Ademais, haberá unha serie de exercicios e unha proba final das que se tirará a vosa puntuación final. Esa proba realizarase o 27 de xaneiro no horario de aulas habitual.

Tamén vos deixo un pequeno mapa coas linguas que se falan na península Ibérica. Lembrade que todas, agás o éuscaro, son linguas iberorrománicas e proceden do latín.

mapa_linguas

No mercado e no restaurante

Aquí temos algúns materiais máis para rematar a unidade relacionada coa alimentación.

AlimentosPraza_abastos

No_bar

Nestas ligazóns podedes escoitar ou descargar os audios correspondentes:

Na praza: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/U4E4.mp3

No bar: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/U4E7b.mp3

Aquí vos deixo tamén unha fotografía na que podedes apreciar algúns dos petiscos que se mencionan: unha ración de pementos, outra de zorza, que consiste en carne de porco picada e ben adubada, e unha cervexa ben fresquiña, por suposto: Estrella Galicia.

Adverbios de lugar

Para dar indicacións sobre como chegar a un lugar ou enderezo cómpre coñecer os adverbios de lugar. Tamén poden servir para describir un cuarto ou unha fotografía. Por exemplo: Hai unha cama á esquerda da mesa, entre a butaca e a fiestra.

Lembrade que para a falar da localización empregamos os verbos haber e estar pero NON o ser. Exemplos:

1. Hai un oso de peluche enriba da cama.

2. O oso de peluche está enriba da cama.

3. O oso de peluche é enriba da cama. 

Aquí tedes unha imaxe que recolle estes adverbios e algúns exercicios para empregalos.

Localizar_espazo

E ti, onde vives?

Nestas últimas semanas estivemos vendo expresións e vocabulario para falar de onde vivimos: os nosos barrios, as nosas casas…

Tamén aprendimos a pedir e dar información sobre como chegar a un lugar. Por exemplo:

Perdoe, sabe onde queda a biblioteca?

-Si, mira, segues todo recto e viras á esquerda na segunda rúa. Está a uns cinco minutos a pé.

Aquí tedes ese material. Nas ligazóns de debaixo podedes escoitar o audio correspondente a un dos exercicios.

Casas_barriosBarrio_información

Arquivos de audio:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio12.wma

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio13.wma

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio14.wma

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/AulaGalego1_audio15.wma