teoría
Comentarios de texto
Para facilitar a tarefa de comentar distintos textos literarios, aquí vos deixo un esquema que vos pode servir de axuda.
Ademais, para refrescar a teoría sobre recursos literarios podedes consultar esta imaxe:
Para practicar tamén podedes intentar realizar un comentario de texto coma os vistos na aula sobre un destes tres pequenos relatos de Castelao:
E lembrade, aquí podedes atopar todos os textos da colección de Cousas de Castelao.
As cantigas de escarnio e maldicir
Aquí tedes o material sobre o grande terceiro grupo de cantigas profanas: as de escarnio e maldicir.
Tamén deixo aquí o documento que vimos na aula sobre o romance de Don Gaiferos e a interpretación de Luar na Lubre.
Presente de subxuntivo
En galego existen tres modos verbais: o indicativo, o imperativo e o subxuntivo. Destes, xa coñecemos ben a fondo os dous primeiros, así que agora nos imos centrar no modo de subxuntivo. Antes de nada, cómpre aclarar a oposición que existe entre indicativo e subxuntivo mediante os conceptos de aserción/non aserción. Para ler máis sobre isto, preme nesta ligazón.
Aparte disto, como xa vimos na aula, hai unha serie de intencións comunicativas e conectores que adoitan esixir a presenza do subxuntivo.
As cantigas relixiosas
As Cantigas de Santa María poden ser narrativas: narran un milagre da virxe, como a que colocamos a continuación. Obsérvense as ilustracións que son as orixinais coas que o códice foi ilustrado por orde de Afonso X.
Pola contra, as cantigas líricas ou de loor son as que aparecen con intención de gabar ou louvar á Virxe sen máis e presentan un contido máis lírico e semellante ás cantigas de amor. Véxase este exemplo:
Podedes ler aquí os textos correspondentes a estas dúas cantigas ou atopar máis información, tedes a base de datos das cantigas da Universidade de Oxford.
Tamén tedes aquí unha pequena axuda para comprender mellor a diferenza entre rima asoante e consoante.
Pronomes en función de CD
Xa coñecemos os pronomes persoais na forma de suxeito: eu, ti, el/ela, nós, vós, eles/elas. Tamén xa falamos das formas de cortesía: vostede/vostedes, que aínda que se refiran ás segundas persoas, esixen a colocación do verbo en terceira.
Pero como vimos na aula, os pronomes non sempre desempeñan a función de suxeito. Neste caso imos centrarnos nas formas dos pronomes persoais en función de CD, iso é, complemento directo.
Como podedes ver no cadro a continuación e nesta presentación, dependendo do contexto fonético van aparecer distintas formas destes pronomes.
Panorámica da literatura galega
Como xa sabedes, este semestre a materia de Galego VI estará centrada na literatura. Pero antes de afondar nos distintos autores e movementos da literatura galega, convén ter unha visión xeral. Así que nesta ligazón podedes consultar un esquema xeral.
Lembrade tamén que hai numerosos recursos en internet que vos poden axudar.
Os textos argumentativos
- Os textos argumentativos
- Unidade sobre a argumentación: definición, estrutura, tipos de argumentos
O antepretérito
O antepretérito é o último dos tempos de indicativo que imos ver.
Caracterízase polas seguintes terminacións:
- – AR: -ara, -aras, -ara, -aramos, -arades, -aran.
- -ER: -era, -eras, -era, -eramos, -erades, -eran.
- -IR, -ira, -iras, -ira, -iramos, -irades, -iran.
Este tempo emprégase para falar de acontecementos que tiveron lugar antes do pretérito.
Por exemplo: Cando cheguei (pretérito) á estación, o tren xa marchara (antepretérito). Neste caso imaxinemos que nós chegamos á estación ás 12 e o tren saíu ás 11.
O pospretérito
O pospretérito (tamén chamado condicional) é un tempo do modo indicativo que se caracteriza polas terminacións:
- -AR: -aría, -arías, -aría, -ariamos, -ariades, -arían.
- -ER: -ería, -erías, -ería, -eriamos, -eriades, -erían.
- -IR: -iría, -irías, -iría, -iriamos, -iriades, -irían.
Aínda que normalmente se emprega para falar de feitos hipotéticos, tamén ten outros usos, que podes consultar na seguinte táboa:
Aquí abaixo tamén podedes consultar outras actividades e materiais sobre o pospretérito.