En galego existen tres modos verbais: o indicativo, o imperativo e o subxuntivo. Destes, xa coñecemos ben a fondo os dous primeiros, así que agora nos imos centrar no modo de subxuntivo. Antes de nada, cómpre aclarar a oposición que existe entre indicativo e subxuntivo mediante os conceptos de aserción/non aserción. Para ler máis sobre isto, preme nesta ligazón.
Aparte disto, como xa vimos na aula, hai unha serie de intencións comunicativas e conectores que adoitan esixir a presenza do subxuntivo.
Antes de poñer fin a este semestre, explicamos un novo modo verbal, o subxuntivo. Este modo conta de tres tempos: o presente, o copretérito (ou imperfecto) e o futuro. Como xa vimos na aula, para un falante estranxeiro pode resultar moi confuso decidir cando empregar indicativo e cando cómpre poñer subxuntivo. Para aclarar un pouco máis estes conceptos, aquí tedes unha unidade didáctica que vos pode resultar moi útil:
Empregamos o presente de subxuntivo para expresar:
1. Necesidades
Ex: Esixo que remate a guerra.
Necesitamos que se reduza a contaminación.
2. Desexos
Ex: Oxalá que non chova mañá.
Queremos que haxa menos desemprego.
3. Dúbida ou probabilidade
Ex: Quizais no futuro as mulleres reciban o mesmo salario que os homes.
Pode que este verán merque unha nova cámara de fotos.
4. Valoracións persoais
Ex: É inxusto que haxa fame no mundo.
É absurdo que esteas catro horas falando por teléfono.
OLLO!
É verdade que Zadar ten unha costa fermosa = PRESENTE DE INDICATIVO
NON É verdade que Zadar teña unha costa fermosa
Pero, como se constrúe o presente de subxuntivo?
E aquí podedes descargar textos e exercicios para poñelo en prática:
Os audios correspondentes ao exercicio 2: Audio 41, Audio 42, Audio 43.