A música e o Rexurdimento

A relación entre música e literatura foi sempre moi estreita, sobre todo durante o Romanticismo (s. XIX). No Rexurdimento galego tamén temos exemplos desta relación. Un dos poetas máis populares deste período foi sen dúbida Curros Enríquez e esa comuñón entre público e poeta queda perfectamente reflectida na fama que acadou unha das súas primeiras composicións: Cántiga (máis coñecida como Unha noite na eira do trigo). Existen múltiples versións musicadas deste texto que conta a historia dun amor truncado pola emigración.

Neste programa da TVG podedes descubrir máis sobre a historia desta canción, así como escoitar distintas versións.

Unha das versións máis populares do poema de Curros foi a reinterpretación pop dos Tamara, que atoparedes no seguinte vídeo:

Falando de música e Rexurdimento, non podía faltar Rosalía. Aquí tedes outro episodio de No bico un cantar, esta vez dedicado ao poema Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro. Como podedes ver, este tema tamén xira en torno á emigración, un dos principais problemas sociais que padeceu Galicia no século XIX. Ao mesmo tempo, tamén hai referencias á explotación e á falta de terras propias para traballar por parte dos labregos (lembrade que neste tempo Galicia aínda sufría o réxime dos foros).

Para rematar imos escoitar unha versión moi peculiar do poema Que ten o mozo? (tamén incluído en Cantares Gallegos) interpretado por Leo i arremecághona. Neste caso, a melodía foi tomada doutra canción. Pois como ben dice Leo, Rosalía foi unha das primeiras en comparar as condicións que padecían os escravos negros coas que tiñan que soportar os labregos galegos: Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros.

Un poema do Rexurdimento

Como xa comentamos hoxe na aula, tanto o vindeiro martes 28 como xoves 30, teredes que presentar un poema dun dos tres autores do Rexurdimento vistos na aula: Rosalía, Curros ou Pondal. Aquí podedes consultar a teoría e as escolmas coas que traballamos na clase.

Lembrade ademais, que haberá que seguir un esquema semellante a este para explicar nunha presentación (Prezi ou PowerPoint) o poema escollido: autor, obra, data, contexto histórico-social (a emigración, os foros…), así como analizar o vocabulario, o tema e os recursos literarios que aparecen nel. Finalmente, haberá que explicar o motivo por que vos gusta ese poema e por que o escollestes.

Para atopar ideas, ademais de acudir á biblioteca, nestas ligazón podedes consultar algunhas das obras máis destacadas deste período:

1. Queixume dos pinos de Eduardo Pondal

2. Cantares gallegos e Follas novas de Rosalía de Castro

comentario_texto

O pospretérito

É a quenda do pospretérito, outro tempo do modo de indicativo, que ten distintos usos: dar consellos, pensar en que faríamos en situacións imaxinarias, pedir con cortesía, propor un plan…

Aquí tedes unha táboa na que se recollen eses usos e outros materiais relacionados que empregamos nas aulas.

taboa   pospreterito   consellos          exercicios_pospreterito         MAIS_pospreterito                                                  se foses         condicions  transformar_pospreterito

Outra vaca no millo!

Aquí vai algo do material de aulas pasadas: as expresións con animais cos seus correspondentes exercicios e algo para non esquecer as comparativas.

animais        descricion

LEMBRADE: sempre podemos empregar os elementos que/como para comparar, agás cando o termo comparado é un pronome persoal (min, ti, ela…). Neses casos, cómpre empregar ca/coma.

Ex: Come como un porco. Ou tamén: Come coma un porco.

Ex: É máis alto que unha xirafa. É máis alto ca unha xirafa.

Nestes dous exemplos o elemento que se compora non é un pronome persoal, polo tanto ambas as opcións son válidas.

Agora, fixádevos nestes outros exemplos nos que só podemos empregar ca/coma, por que aparecen pronomes persoais.

Ex: É tan intelixente coma min.

Ex: É máis rápido ca ela.

Repaso para o exame final (Gal. IV)

Xa queda pouco para os exames finais e a hora de repasar. Aquí tedes unha serie de preguntas que vos poden axudar a lembrar os básicos de gramática vistos este semestre.
Ademais, no exame haberá que escribir un pequeno texto, que ben pode ser un texto político no que haxa que incluír reivindicacións e valoracións da situación actual (ex: É horrible que haxa persoas que non poden chegar a fin de mes, esiximos que o goberno ofreza unha vivenda e unha vida digna a todos os seus cidadáns) ou ben un texto narrativo no que haxa que empregar o maior número de tempos verbais posibles (ex: Facía frío e chovía, alguén petou á porta. A miña nai dixérame que non abrise a porta a ninguén…).

O exame será o día 10 ás catro da tarde.        Material: Preguntas de repaso 

 

10 palabras galegas que son únicas

O outro día estivemos falando na aula sobre esas palabras que existen en cada idioma e que definen realidades únicas con palabras que non existen ou custa moito traducir a outras linguas. Aquí tedes esa presentación na que podedes atopar as actividades que fixemos e as devanditas palabras.

 

Presentación: 10 Palabras galegas que non teñen tradución

Vídeo publicitario: Galicia é única

 

 

 

 

 

O Rexurdimento

O Rexurdimento é un movemento cultural, especialmente literario, iniciado na segunda metade do século XIX en Galicia que tiña por obxectivo dignificar a lingua galega e recuperar o seu uso no eido da escrita tralos Sécuros Escuros.

Trátase dun movemento fundamentalmente poético, xa que este foi o xénero literario máis cultivado.

Neste movemento destacan especialmente tres autores: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez.

Aquí tedes a presentación sobre a que levamos traballando este semestre: O Rexurdimento

E aquí podedes consultar textos de cada un dos autores:

  1. Escolma poética de Rosalía de Castro
  2. Escolma poética de Eduardo Pondal
  3. Escolma poética de Curros Enríquez