Estranxeirismos e castelanismos

Nestes documentos podedes atopar información e exercicios sobre os estranxeirismos, palabras que proceden doutras linguas. En galego son especialmente relevantes os castelanismos no campo do léxico, onde podemos distinguir entre castelanismos plenos (cuchara* no canto de culler), falsas adaptacións (lentexa en lugar de lentella), castelanismos aceptados (como tortilla) e formas que aínda que son correctas contan cunha palabra autóctona para o mesmo referente (por exemplo, regalo e agasallo ou labio e beizo).

bocadillo_tortilla

Bocadillo de tortilla, un prato feito de castelanismos aceptados!

Os estranxeirismos

A partir deste texto de Séchu Sende (tirado de Made in Galiza) co que había que traballar durante as vacacións de Nadal, aproveitamos para afondar un pouco máis nos estranxeirismos. Aínda que vimos que no galego podemos atopar estranxeirismos de diversas orixes (anglicismos, xermanismos, arabismos…), quixemos prestar especial atención aos castelanismos, polo intenso contacto que se produciu entre estas dúas linguas.

Para aprender máis sobre o tema, aquí tedes a presentación e a folla de exercicios correspondentes.

Ademais, nesta imaxe podedes ver as “capas” que conforman a historia do galego: un substrato prerromano, a base do latín vulgar e o superestrato das invasións posteriores (xermánicas e árabes).

Historia_lingua