O Nadal

Tralas vacacións do Nadal, aquí tedes os materiais que empregamos a finais de decembro para explicar como se viven estas festas en Galicia. Máis vale tarde que nunca.

  • Elementos típicos do Nadal: nesta presentación atoparás dun xeito moi visual os elementos máis populares do Nadal galego: o marisco, o tizón, a cabalgata, os turróns, as uvas…

Doces destas festas

Para as alumnas de Galego III, ademais, unha presentación sobre como facer unha felicitación ou enviar os vosos mellores desexos empregando un novo tempo verbal: o presente de subxuntivo.

Deixo tamén unha fermosa cantiga de Nadal do grupo Berrogüetto.

Linguaxe corporal

Para comunicarse eficazmente noutra cultura os xestos que facemos co noso corpo son case tan importantes como as nosas palabras. Velaquí tedes un pequeno texto sobre a linguaxe corporal e materias relacionados. Linguaxe_corporal       xestos

Exercicios sobre o texto: Sen palabras

Vídeo sobre linguaxe corporal: Splunge