Aquí tedes máis material para prepararvos para o exame. Non vos esquezades de rexistrarvos no Studomat para facer o exame de galego o vindeiro 26 de xaneiro (oficialmente figura no programa como 09.02).
Como xa anunciamos na clase, os exames de galego terán lugar o martes 26 de xaneiro á hora correspondente das aulas. Aquí debaixo podedes consultar os contidos que entrarán para cada unha das materias. Nesta semana subirei tamén o resto do material que falta.
A vindeira semana terá lugar o ciclo de cine iberorrománico da Universidade de Zádar. Como podedes ver no cartel, o filme que se proxectará en galego será Engurras (Ignacio Ferreras, 2011) o martes 15 ás seis da tarde na aula 202.
Aquí tedes tamén a guía didáctica para reflectir sobre algúns dos aspectos do filme e traballar un pouco máis coa lingua. Poderase entregar ata o día 12 de xaneiro.
Hai un mes o Dicionario Oxford escolleu un emoticono como palabra do ano.
No Portal das Palabras tamén están a escoller a palabra que mellor represente o 2015. Podedes votar nesta ligazón durante as dúas primeiras semanas de decembro. Nunha segunda fase, abrirase unha votación para que antes de que remate decembro poidades escoller, de entre as palabras seleccionadas, a vosa favorita. En 2014, a palabra seleccionada foi corrupción. Cal credes que merece gañar este ano?
Poderiamos dicir que describir é pintar con palabras. Pero non todos os textos descritivos teñen a mesma intención ou describen o mesmo tipo de referentes. Preme nas ligazóns a continuación e aprende máis sobre as súas características e tipos:
O outro día viamos na aula que os textos xornalísticos conforman unha tipoloxía textual moi diversa.
Tras ver exemplos de novas, crónicas e reportaxes, agora é a quenda das entrevistas, os artigos de opinión, as recensións e mailas cartas ao director.
Entrevista: texto en que aparecen as respostas que unha persoa dá ás preguntas dun xornalista nunha conversa. Por suposto, non só hai entrevistas na prensa escrita senón que podemos atopar entrevistas radiofónicas ou televisas. Aquí temos algúns exemplos:
* Para saber máis sobre Voces Ceibes preme aquí e para escoitar unha mostra de canción protesta en galego aquí.
Artigo de opinión: texto no que o autor (normalmente alguén recoñecido) expresa e argumenta a súa opinión sobre un tema en concreto. Nestes casos, a temática pode ser moi diversa, tratando temas de actualidade ou do interese persoal do autor. Trátase de textos parcialmente subxectivos e moi libres en canto á linguaxe e á estrutura.
A continuación podes consultar dous exemplos tirados da columna de Miguel Anxo Murado no xornal La Voz de Galicia.
Recensión: texto no que se fai unha análise dunha obra de recente publicación. Aínda que tradicionalmente o concepto de recensión estaba unido ao mundo da literatura, hoxe en día podemos atopar recensións ou críticas de álbums de música, restaurantes, filmes e…mesmo aplicacións para o móbil!
Carta ao director: texto argumentativo no que os lectores manifesta a súa opinión sobre diversos temas. Adoitan ser informais e breves. Aquí tedes un exemplo: