O pretérito

Aquí podedes consultar moitos dos materiais que empregamos este mes de marzo na aula para traballar co pretéto.

O pretérito é un tempo do pasado, que empregamos para expresar unha acción que aconteceu nun momento anterior a aquel no que se atopa o falante. Exemplos:

  • Onte falei coa miña irmá por teléfono.
  • O ano pasado viaxei a Suecia.
  • Esta mañá almorcei unha macedonia de froitas.

Fixádevos que nestes casos non importa cando se produciu a acción (onte, o ano pasado, esta mañá) senón que se trata de momentos anteriores ao presente (o momento no que falamos).

pretc3a9rito    pasado

datospersoais o-pretc3a9rito   caeume_xenial

pasado_exercicios     preguntas_texto

biografia

entrevista.png

As cantigas relixiosas

As Cantigas de Santa María poden ser narrativas: narran un milagre da virxe, como a que colocamos a continuación. Obsérvense as ilustracións que son as orixinais coas que o códice foi ilustrado por orde de Afonso X.

Pola contra, as cantigas líricas ou de loor son as que aparecen con intención de gabar ou louvar á Virxe sen máis e presentan un contido máis lírico e semellante ás cantigas de amor. Véxase este exemplo:

Podedes ler aquí os textos correspondentes a estas dúas cantigas ou atopar máis información, tedes a base de datos das cantigas da Universidade de Oxford.

Tamén tedes aquí unha pequena axuda para comprender mellor a diferenza entre rima asoante e consoante.

rima.jpg

A emigración

Nesta ligazón podedes consultar e mesmo descargar o libro sobre a exposición Os adeuses do fotógrafo Alberto Martí, que documentou as despedidas e os regresos de moitas persoas anónimas nun período fundamental para entender a historia colectiva da Galicia do século vinte.

Lembrade que tedes que escoller unha destas fotografías e escribir un relato dende o punto de vista dun neno, ao igual que acontece nos relatos que vimos na aula  (na imaxe máis abaixo).

   

   

textos_emigracion    

Podedes ler completo o libro de Memorias dun neno labrego aquí.

E aquí tedes a curtametraxe sobre o relato de Castelao:

Os pronomes: resumo xeral con exercicios

Tras traballar na aula sobre os pronomes, deberíamos saber responder ás seguintes preguntas:

  1. Que son? Lembrade que se poden definir segundo a súa función e o seu significado.
  2. Que tipos hai?
  3. Que son os pronomes átonos? A que tipo de complemento poden sustituir?
  4. Que é a concorrencia de pronomes?
  5. Como se colocan?

Para ver a presentación sobre o tema, preme aquí. Tamén podedes ver un pequeno fragmento do programa Ben Falado, no que se explica as regras sobre a colocación dos pronomes (a partir do minuto 2:15).

Aquí tedes as imaxes con máis información e algúns exercicios:

pronomes_concorrencia

colocacion_pronomes  exercicios_pronomes_1  exercicios_pronomes_2