De Galicia para o mundo: préstamos galegos

Saberías definir….?

  • Estranxeirismo
  • Préstamo
  • Interferencia

Aquí tes un cadro para axudarte a distinguir estes conceptos:

cadro_voces_estranxeiras

Tamén tedes unha presentación que afonda na cuestión xunto con exercicios e un texto no que se repasan algún dos termos que o castelán tomou prestados do galego.

palabras_galegas

Os estranxeirismos

A partir deste texto de Séchu Sende (tirado de Made in Galiza) co que había que traballar durante as vacacións de Nadal, aproveitamos para afondar un pouco máis nos estranxeirismos. Aínda que vimos que no galego podemos atopar estranxeirismos de diversas orixes (anglicismos, xermanismos, arabismos…), quixemos prestar especial atención aos castelanismos, polo intenso contacto que se produciu entre estas dúas linguas.

Para aprender máis sobre o tema, aquí tedes a presentación e a folla de exercicios correspondentes.

Ademais, nesta imaxe podedes ver as “capas” que conforman a historia do galego: un substrato prerromano, a base do latín vulgar e o superestrato das invasións posteriores (xermánicas e árabes).

Historia_lingua