Benvidas ao novo curso! Aquí podedes descargar o programa de Galego III, onde se indica entre outra información: o tipo de avaliación, a data do exame final ou a lectura obrigatoria deste semestre.
Preme nesta ligazón para ver ou descargar o documento.
Tralas vacacións do Nadal, aquí tedes os materiais que empregamos a finais de decembro para explicar como se viven estas festas en Galicia. Máis vale tarde que nunca.
Elementos típicos do Nadal: nesta presentación atoparás dun xeito moi visual os elementos máis populares do Nadal galego: o marisco, o tizón, a cabalgata, os turróns, as uvas…
Para as alumnas de Galego III, ademais, unha presentación sobre como facer unha felicitación ou enviar os vosos mellores desexos empregando un novo tempo verbal: o presente de subxuntivo.
Deixo tamén unha fermosa cantiga de Nadal do grupo Berrogüetto.