Gramática
O futuro
Máis exercicios
Máis actividades sobre o pretérito
Antes de pasar a un novo tempo verbal, cómpre coñecer a fondo o pretérito. Aquí tes unha actividade que che permitirá comprobar se dominas este tempo:
Tamén vos deixo a canción e a letra do tema Non todo é o que parece do grupo Aerolíneas Federales co que traballamos na aula.
Presente de subxuntivo
En galego existen tres modos verbais: o indicativo, o imperativo e o subxuntivo. Destes, xa coñecemos ben a fondo os dous primeiros, así que agora nos imos centrar no modo de subxuntivo. Antes de nada, cómpre aclarar a oposición que existe entre indicativo e subxuntivo mediante os conceptos de aserción/non aserción. Para ler máis sobre isto, preme nesta ligazón.
Aparte disto, como xa vimos na aula, hai unha serie de intencións comunicativas e conectores que adoitan esixir a presenza do subxuntivo.
O imperativo
Pronomes en función de CD
Xa coñecemos os pronomes persoais na forma de suxeito: eu, ti, el/ela, nós, vós, eles/elas. Tamén xa falamos das formas de cortesía: vostede/vostedes, que aínda que se refiran ás segundas persoas, esixen a colocación do verbo en terceira.
Pero como vimos na aula, os pronomes non sempre desempeñan a función de suxeito. Neste caso imos centrarnos nas formas dos pronomes persoais en función de CD, iso é, complemento directo.
Como podedes ver no cadro a continuación e nesta presentación, dependendo do contexto fonético van aparecer distintas formas destes pronomes.
O futuro
Aquí podes consultar e descargar os materiais sobre o futuro. Lembra, que existen distintos xeitos de expresar futuridade:
- Mediante o futuro de indicativo: Mañá faremos un exame de galego. O sábado que vén celebrarei unha festa.
- Mediante perífrases verbais:
a. Presente do verbo Ir + infinitivo: Este verán ides traballar nun restaurante. Vou mercar un coche novo.
b. Presente do verbo Haber + infinitivo: Hei preparar unha torta para o seu aniversario. Has aprobar a materia.
A familia: os posesivos e os indefinidos
As profesións e os xentilicios
Nesta semana aprendimos novo vocabulario sobre os xentilicios e as profesións. Fíxate tamén como se forma o feminino!
Tamén podedes descargar aquí máis exercicios de repaso.