Poemas en stop-motion coa Illa Bufarda

Por fin temos connosco as animacións que realizastes coa produtora creativa Illa Bufarda durante as Xornadas. Como podedes ver, os resultados son incribles. Bo traballo!

  • Animación sobre o poema Historias do fogar carnívoro (I) de Elvira Riveiro:
  • Animación sobre o poema Televisión de Manuel Rivas:

A Illa Bufarda

A produtora  audiovisual Illa Bufarda estivo a semana pasada na Universidade de Zadar con motivo das celebración das IX Xornadas Iberorrománicas. Aquí podedes ver algunhas das fotos tiradas durante os seus obradoiros de stop motion poética así como os textos sobre os que traballaron, tanto en galego como na tradución ao croata.

Pronto colgaremos tamén os resultados finais coas curtametraxes xa editadas!

Poema_Elvira     Poema_Rivas

illa_1      Illa_2  illa_3       illa_13

Illa_

 illa_6    Illa_4

illa_7     illa_8

illa_9     illa_10

illa_11     illa_12

Illa_14

Programa da materia: Galego II

Nesta ligazón podedes descargar o programa da materia Galego II. Fixádevos na data de entrega dos distintos traballos e tamén na data do exame: 9 de xuño.

Lembrade, ademais, que haberá un libro de lectura obrigatoria: A lingua das bolboretas, sobre o que haberá que realizar un pequeno traballo (data de entrega: 2 de xuño).

A portada do libro e o seu autor, Manuel Rivas.

A portada do libro e o seu autor, Manuel Rivas.

A lingua das bolboretas

O grupo de Galego II tiña prevista a lectura da novela Peaxes, pero finalmente a obra escollida para o traballo de fin de semestre será   o libro A lingua das bolboretas (Galaxia, 2005), un relato escrito por Manuel Rivas e ilustrado por  Miguelanxo Prado.

A obra está dispoñible na biblioteca do departamento e tamén vos darei fotocopias na aula.

Aquí tedes a guía de lectura coas preguntas que teredes que responder para facer o traballo.

Tedes de prazo ata o 10 de xuño para entregalo.

 

A represión lingüística

Hoxe falamos na aula de como era Galicia durante o franquismo. Preme na imaxe para ver os exercicios.

galicia_franquismo

Como podemos comprobar, ademais de outras moitas liberdades,  tamén estaba prohibido ensinar galego. Aínda que hai que afirmar que non houbo ningunha lei específica do Estado que perseguise o galego, o que si houbo foi unha campaña para fomentar e dar prestixio ao uso do castelán, o que a súa vez promovía na conciencia social unha infravaloración do idioma galego.

sea_patriota

Un dos bastións fundamentais que o franquismo quixo destruír foi o da cultura. Todos os intelectuais, pintores, escritores, mestres…foron os primeiros destinatarios da represión franquista. Esta obra gráfica de Castelao (A derradeira lección do mestre) expresa esta filosofía do terror. Por outra banda, os mestres que exercían explicaban en castelán a uns rapaces que falaban integramente en galego. Cada vez que a un alumno se lle escapaba unha palabra en galego, este ere castigado ou era motivo de mofa por outros compañeiros. Neste ambiente, os rapaces medraban entendendo que o galego estaba ben para falar na casa, para xogar a pelota no recreo pero non para empregar na escola, na igrexa ou en calquera ámbito formal.

Aquí tedes o  testemuño en vídeo dunha muller que viviu esa represión e ridiculización na escola durante a época franquista.

Para rematar, déixovos un framento de A lingua das bolboretas (relato de Manuel Rivas) no que precisamente se trata o tema da escola e dos mestres dunha perspectiva infantil e inocente durante a 2ª República.

 

Tradución de poemas

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, estivemos traducindo nas aulas de Galego IV  e Galego VI dous poemas que se repartirán ese día pola rúa: un de Manuel Rivas (A leiteira) e outro de Yolanda Castaño (Mazás do xardín de Tolstoi).

Aquí podedes ver as dúas versións e mailos textos orixinais:

Leiteira_Mlijekarica e Yolanda Castaño_Jabuke iz Tolstojevog vrta

O cadro de Johannes Vermeer que serve de inspiración a Manuel Rivas

A praia de Jurmala (Letonia), onde Yolanda Castaño síntese como na casa

 

 

Mulleres galegas na Historia

Con motivo da celebración do día da muller o pasado sábado, esta semana traballamos na aula con distintos materiais relacionados coas mulleres na Historia.

Primeiro podedes descargar esta presentación que fai un percorrido por personaxes femininas que desempeñaron un papel importante en distintos períodos históricos: a soldadeira María Balteira, a almirante Isabel Barreto, a penalista Concepción Arenal, a pintora Maruxa Mallo…e outras non tan coñecidas como a futbolista Irene ou a xornalista Sofía Casanova: Mulleres

nosoutras podemos

Tamén tedes dous textos. Un pequeno texto informativo sobre Exeria, a intrépida viaxeira da Idade Antiga e un artigo de Manuel Rivas sobre Elisa e Marcela, unha parella de mozas lesbianas que tivo que facer fronte á sociedade reaccionaria e maliciosa de comezos do século XX.

Exeriaelisa-y-marcela_300-1928   

Finalmente, tamén vos deixo a ligazón a un documental de Antón Reixa que analiza a figura de Maruxa Mallo.

 

Sistema de avaliación (Galego IV)

Xa podedes consultar o novo sistema de avaliación: Sistema_avaliacion_Galego_IV

Lembrade que a asistencia ás aulas é obrigatoria, así como a entrega dos exercicios marcados no programa.

Calendario de tarefas:

  •        1 de abril: Entrega da primeira redacción
  •        8 de abril: Comprensión e expresión orais
  •        20 de maio: Comprensión e expresión orais
  •        3  de xuño: Entrega da segunda redacción
  •        10 de xuño: Entrega da recensión sobre O lapis do carpinteiro de M. Rivas
  •        12 de xuño: Proba final