O Magosto

Imos con un pouco de atraso pero como di o refrán: máis vale tarde que nunca, así que por fin comparto convosco os materias do Magosto para este ano 2014,

Amais das fichas con exercicios, deixo tres presentacións:

1. Unha sobre Festividades do outono

2. Outra moi breve sobre Fenómenos dialectais do galego

3. E unha última sobre a canción da fiilloa de Terbutalina

unidade_imaxe  unidade_outono

terbutalina  

As formas impersoais

Cando non se quere ou non se pode especificar quen realiza un acción, empregamos as formas impersoais.

Estas constrúense co pronome se e a terceira persoa, ou ben de singular ou ben de plural dependendo do caso.

Aquí tedes a teoría e unhas pequenas receitas nas que se empregan frases impersoais.

Ex: apágase o lume, bótanse todos os ingredientes…

Como podedes ver, o pronome se segue as regras que xa coñecemos canto á colocación dos pronomes, iso é, que polo xeral debe ir detrás e pegado ao verbo. Por outra parte, fíxadevos que este tipo de construcións resultan moi útiles para facer xeneralizacións ou dar instrucións, coma no caso das receitas.

Ex: En Croacia cómese moito marisco. 

Impersoais                     receitas_impersoal