O Nadal

Tralas vacacións do Nadal, aquí tedes os materiais que empregamos a finais de decembro para explicar como se viven estas festas en Galicia. Máis vale tarde que nunca.

  • Elementos típicos do Nadal: nesta presentación atoparás dun xeito moi visual os elementos máis populares do Nadal galego: o marisco, o tizón, a cabalgata, os turróns, as uvas…

Doces destas festas

Para as alumnas de Galego III, ademais, unha presentación sobre como facer unha felicitación ou enviar os vosos mellores desexos empregando un novo tempo verbal: o presente de subxuntivo.

Deixo tamén unha fermosa cantiga de Nadal do grupo Berrogüetto.

Erros máis comúns

Tralo parón de Nadal, toca retomar o curso. Para ir quecendo motores, imos repasar algúns dos erros que máis se repiten nas vosas redaccións. Nesta presentación atoparedes unha serie de oracións que conteñen erros tanto estilísticos como gramaticais. Tamén podedes ver as solucións: Erros máis comúns

Como podedes ver, a confusión entre os verbos ser/estar/haber provoca moitos erros, así que este cadro pode resultarvos útil.

Ser_estar

Por outra banda, para despedir definitivamente o Nadal, aquí vos deixo unha panxoliña interpretada por Fuxan os ventos coa súa letra:

Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ao Neno,
comeulle o sombreiro o boi.
DEIXADE AOS PASTORES
DEIXÁDEOS PASAR
QUE VAN CANTAR AO REI
A XESÚS NO PORTAL!
Nunhas pallas deitadiño
i en coiriños alí está!;
sendo o Dono diste mundo
e Señor de canto hai!

 

O imperativo

O imperativo é o modo verbal que empregamos principalmente para dar ordes e instruccións. Exemplos:

  • Le un artigo e fai un resumo de 200 palabras.
  • Mestura a fariña cos ovos e engade o azucre.
  • Por favor, non esqueza os seus obxectos persoais no tren.

Como vedes, o imperativo presenta só dúas persoas: a segunda de singular (ti/vostede) e a segunda de plural (vós/vostedes).

Para saber como se forma o imperativo e facer algúns exercicios, preme na imaxes:

ImperativoImperativo_exercicios

 

De propina, e xa que na aula estivemos falando do turrón, os costumes de Nadal e os slogans publicitarios, déixovos un anuncio dunha marca de turrón. Desculpade que estea en castelán, pero non o dei atopado en galego: