Outra vaca no millo!

Aquí vai algo do material de aulas pasadas: as expresións con animais cos seus correspondentes exercicios e algo para non esquecer as comparativas.

animais        descricion

LEMBRADE: sempre podemos empregar os elementos que/como para comparar, agás cando o termo comparado é un pronome persoal (min, ti, ela…). Neses casos, cómpre empregar ca/coma.

Ex: Come como un porco. Ou tamén: Come coma un porco.

Ex: É máis alto que unha xirafa. É máis alto ca unha xirafa.

Nestes dous exemplos o elemento que se compora non é un pronome persoal, polo tanto ambas as opcións son válidas.

Agora, fixádevos nestes outros exemplos nos que só podemos empregar ca/coma, por que aparecen pronomes persoais.

Ex: É tan intelixente coma min.

Ex: É máis rápido ca ela.

Comparativas e conectores

Como sabedes, este vindeiro martes hai que entregar a primeira redacción obrigatoria do semestre: A vida no campo fronte a vida na cidade.

Para facer unha redacción deste tipo é  moi importante coñecer os conectores, esas palabras que serven para cohesionar o texto, e mais as estruturas comparativas, para contrastar información sobre dous elementos diferentes.

Premede nas imaxes para ler máis información e ver exemplos.

ConectoresComparativas Exercicios_comparativas

 

Tamén tedes aquí un documento con máis exercicios de comparativas.