Repaso

Lembrade que os exames terán lugar o vindeiro martes 7 no horario habitual de aulas.

Aquí vos deixo algo de material para repasar durante a fin de semana:

CORREOELECTRONICO

 

lugares_turismo

Máis repaso

Aquí tedes máis material para prepararvos para o exame. Non vos esquezades de rexistrarvos no Studomat para facer o exame de galego o vindeiro 26 de xaneiro (oficialmente figura no programa como 09.02).

 repaso_gal_i

titulares.png

Titulares para practicar a redacción de novas.

 

Repaso para o exame final (Gal. IV)

Xa queda pouco para os exames finais e a hora de repasar. Aquí tedes unha serie de preguntas que vos poden axudar a lembrar os básicos de gramática vistos este semestre.
Ademais, no exame haberá que escribir un pequeno texto, que ben pode ser un texto político no que haxa que incluír reivindicacións e valoracións da situación actual (ex: É horrible que haxa persoas que non poden chegar a fin de mes, esiximos que o goberno ofreza unha vivenda e unha vida digna a todos os seus cidadáns) ou ben un texto narrativo no que haxa que empregar o maior número de tempos verbais posibles (ex: Facía frío e chovía, alguén petou á porta. A miña nai dixérame que non abrise a porta a ninguén…).

O exame será o día 10 ás catro da tarde.        Material: Preguntas de repaso