Os plurais

Nunca vén de máis repasar a gramática. Para ter os conceptos claros, aquí vai unha de teoría:

  • A oposición de número serve para expresar a oposición entre singular/plural.
  • Normalmente empregamos o –s final como marca de plural.

Non obstante, hai que ter en conta algunhas regras máis:

regra_1_plural    regra_2_plural

regra_3_plural     regra_4_plural

Agora, fai estes exercicios para poñelo en práctica:

exercicios

Normas do galego

Tedes nesta ligazón un documento moi útil con todas as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.

Trátase dun documento realizado pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua que vos axudará a resolver moitas dúbidas que poidades ter sobre a gramática galega: contraccións, paradigmas verbais, tiles diacríticos…

Os pronomes átonos

Os pronomes son aquelas palabras que empregamos para evitar a repetición dun nome.

Ex: Tomo vitaminas todos os días —->  Tómoas todos os días

Neste caso empregamos o pronome as para substituír un nome feminino plural (vitaminas). Como xa sabedes, por regra xeral, en galego o pronome vai unido ao verbo e posposto a el.

Aquí tedes unha táboa na que se recollen os distintos pronomes persoais átonos.

Pronome_persoal_átono_de_CD_e_CI

Como podedes ver (na terceira persoa, tanto de singular como de plural) atopamos dúas formas distintas dependendo da función que desempeñaba o nome substituído na frase orixinal.

Así, se queremos substituír un nome que funciona como complemento directo (acusativo) teremos que empregar o/a/os/as.

Ex: Merca o xarope na farmacia —-> Mércao na farmacia. 

Pola súa banda, se o nome funciona como complemento indirecto (dativo), teremos que empregar lle/lles.

Ex: Enviei unha carta a miña nai —-> Envieille unha carta.

Neste caso vemos que o sintagma nominal substituído desempeñaba a función de complemento indirecto (a quen?).

Fixádevos que moitas veces nunha oración imos atopar CD e CI e polo tanto podemos substituír máis dun nome ou sintagma.

Ex: Engade azucre ás filloas —–> Engádeo ás filloas//Engádelles azucre.

E para rematar, déixovos aquí un documento con exercicios de ortografía (acentuación, b/v, h…) e un pequeno texto para reflectir sobre o uso dos pronomes: Exercicios_ortografía_imperativo_pronomes

Gramática básica: xénero e número

Hoxe toca sesión de gramática. Imos repasar dous conceptos básicos: o xénero e o número. Polo xeral cando falamos destes conceptos estamos a referirnos aos substantivos, que poden ser masculinos ou femininos (segundo o xénero) e singulares ou plurales (segundo o número). Os adxectivos e artigos adoptan o xénero e o número do substantivo ao que acompañan. Lembrade que en galego non existe o xénero neutro, como acontece en croata ou noutras linguas eslavas.

Na imaxe figuran a regras que vos axudarán a discernir se unha palabra é de xénero masculino ou feminino. Amais, tamén atoparedes as regras para a formación do feminino e a formación do plural.

Aquí tedes uns exercicios para poñer en práctica o aprendido.

Xénero_Número