Estes días estivemos tratando na aula o tema da dialectoloxía. Podedes premer neste documento para ver a teoría. Tamén vos recomendo ver estes vídeos sobre os dous fenómenos dialectais máis destacados do bloque occidental: a gheada e o seseo.
Estes días estivemos tratando na aula o tema da dialectoloxía. Podedes premer neste documento para ver a teoría. Tamén vos recomendo ver estes vídeos sobre os dous fenómenos dialectais máis destacados do bloque occidental: a gheada e o seseo.
En galego existen tres modos verbais: o indicativo, o imperativo e o subxuntivo. Destes, xa coñecemos ben a fondo os dous primeiros, así que agora nos imos centrar no modo de subxuntivo. Antes de nada, cómpre aclarar a oposición que existe entre indicativo e subxuntivo mediante os conceptos de aserción/non aserción. Para ler máis sobre isto, preme nesta ligazón.
Aparte disto, como xa vimos na aula, hai unha serie de intencións comunicativas e conectores que adoitan esixir a presenza do subxuntivo.
A partir deste texto de Séchu Sende (tirado de Made in Galiza) co que había que traballar durante as vacacións de Nadal, aproveitamos para afondar un pouco máis nos estranxeirismos. Aínda que vimos que no galego podemos atopar estranxeirismos de diversas orixes (anglicismos, xermanismos, arabismos…), quixemos prestar especial atención aos castelanismos, polo intenso contacto que se produciu entre estas dúas linguas.
Para aprender máis sobre o tema, aquí tedes a presentación e a folla de exercicios correspondentes.
Ademais, nesta imaxe podedes ver as “capas” que conforman a historia do galego: un substrato prerromano, a base do latín vulgar e o superestrato das invasións posteriores (xermánicas e árabes).
Tedes nesta ligazón un documento moi útil con todas as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.
Trátase dun documento realizado pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua que vos axudará a resolver moitas dúbidas que poidades ter sobre a gramática galega: contraccións, paradigmas verbais, tiles diacríticos…
Para comunicarse eficazmente noutra cultura os xestos que facemos co noso corpo son case tan importantes como as nosas palabras. Velaquí tedes un pequeno texto sobre a linguaxe corporal e materias relacionados.
Un ano máis, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizan os Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia, que van ter lugar en Santiago de Compostela entre o 2 e o 24 de xullo de 2014.
Se queredes participar, debedes enviar por correo electrónico á Secretaría dos Cursos a ficha de inscrición, o voso curriculum vitae e unha carta de presentación dun profesor ou profesora de Universidade, así como todos os méritos que consideredes de interese.
Aquí tedes a ligazón para descargarvos a ficha de inscrición. E aquí ou tamén aquí podedes atopar máis información sobre as bolsas.
Lembrade que o prazo para a recepción de toda a documentación na secretaría dos cursos remata o 1 de maio.