O Nadal

Tralas vacacións do Nadal, aquí tedes os materiais que empregamos a finais de decembro para explicar como se viven estas festas en Galicia. Máis vale tarde que nunca.

  • Elementos típicos do Nadal: nesta presentación atoparás dun xeito moi visual os elementos máis populares do Nadal galego: o marisco, o tizón, a cabalgata, os turróns, as uvas…

Doces destas festas

Para as alumnas de Galego III, ademais, unha presentación sobre como facer unha felicitación ou enviar os vosos mellores desexos empregando un novo tempo verbal: o presente de subxuntivo.

Deixo tamén unha fermosa cantiga de Nadal do grupo Berrogüetto.

O Entroido en Galicia

En case toda Europa celébrase estes días o Entroido ou Carnaval. En Galicia gozamos dalgúns dos rituais máis antigos e curiosos para festexar estas datas de irreverencia e fartura. Preme na ligazón (O Entroido en Galicia) para aprender máis.

Tamén vos deixo este vídeo sobre as tradicións do Entroido de Laza, na provincia de Ourense: