Imos comezar cunha historia. A de Cincenta. Pero non nos imos fixar nos zapatiños de cristal, nin na cabaza que se transforma en carruaxe, nin no príncipe azul. Imos prestar atención á cantidade de tarefas que Cincenta ten que facer antes de asistir ao baile. Fregar, limpar, pasar o ferro, cociñar, barrer, volver fregar, volver limpar… Lóxicamente, cando é a hora de ir ao baile, que é o que realmente lle fai ilusión, Cincenta está tan cansa que precisa da axuda máxica da fada madriña. Sen esta axuda, quedaría na casa, derreada, estresándose
por todo o que aínda lle queda por facer e todo aquilo para o que non vai ter tempo.
Pois ben, nós non somos moi diferentes de Cincenta.
Preme aquí para ler todo o texto e ver as actividades correspondentes.