Comentarios de texto

Para facilitar a tarefa de comentar distintos textos literarios, aquí vos deixo un esquema que vos pode servir de axuda.

comentario_texto.jpg

Ademais, para refrescar a teoría sobre recursos literarios podedes consultar esta imaxe:

RECURSOS LITERARIOS.png

Para practicar tamén podedes intentar realizar un comentario de texto coma os vistos na aula sobre un destes tres pequenos relatos de Castelao:

E lembrade, aquí podedes atopar todos os textos da colección de Cousas de Castelao.

texto_1

texto_2

texto_3.png

imaxes_cousas.png

Os Séculos escuros

Preme aquí para ver ou descargar a presentación sobre os Séculos escuros.

Relacionado con este tema, podemos ler este fragmento do ensaio Sempre en Galiza de Castelao, onde se reflicte sobre ese proceso de castelanización que tivo lugar dende o final da Idade Media.

“E diríalles máis: prohibistes o galego nas escolas para producir no espírito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Expulsastes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugastes o galego ante os Tribunais de xustiza e chegastes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas ¿E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados.”

Tamén pode ser interesante consultar esta unidade didáctica sobre a castelanización da toponimia galega.

Finalmente deixo un fragmento e as preguntas que tedes que responder con respecto ao documental Fronteiras, que veremos na aula o vindeiro martes.

fronteiras.png

Os textos narrativos

O primeiro tipo de texto que imos ver no semestre é o texto narrativo:

Primeiro, imos fixarnos nos aspectos teóricos: elementos, estrutura, tipos, técnicas narrativas…

textos_narrativos  NARRAIVAS    pe_esquerdo

Slide1 Slide2

E agora, para practicar, podedes consultar os distintos tipos de texto que vimos na aula: o conto tradicional, a lenda, a fábula, a novela, o conto literario ou relato curto.

1.  Os conto tradicionais: Os sete cabritos

2.  As fábulas: O sapo e o raposo

sapo_raposo_lexico

3.  As lendas:

  • O Fornadas (inspirado no relato de Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo)
  • A lenda da serpe de Castro Troña, tirada da transmisión oral.

Podedes ler os dous textos aquí.

4. Os relato curtos: O pai de Migueliño de Castelao e Domesticum bellum de Fran Alonso

23_08_11_castelao_fracasoem   a563e-o2bpai2bde2bmigueli25c325b1o

Domesticum_bellum

 5. As novelas: fragmento de Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas e de Polaroid de Suso de Toro.

memorias_balbino   

A emigración

Nesta ligazón podedes consultar e mesmo descargar o libro sobre a exposición Os adeuses do fotógrafo Alberto Martí, que documentou as despedidas e os regresos de moitas persoas anónimas nun período fundamental para entender a historia colectiva da Galicia do século vinte.

Lembrade que tedes que escoller unha destas fotografías e escribir un relato dende o punto de vista dun neno, ao igual que acontece nos relatos que vimos na aula  (na imaxe máis abaixo).

   

   

textos_emigracion    

Podedes ler completo o libro de Memorias dun neno labrego aquí.

E aquí tedes a curtametraxe sobre o relato de Castelao:

Texto sobre a emigración 3: O pai de Migueliño

Este relato de Castelao, pertencente ao seu libro Cousas, fala das ilusións rotas no soño da emigración e faino dende o punto de vista dun neno, Migueliño, que vai ao porto a buscar ao seu pai que volve das Américas. 

O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.

Os “americanos” xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.

De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o “americano”, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o “americano” pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.

Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! ¡Ai!, o “americano” pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno.

Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.

E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo…

Aquel si que era o pai de Migueliño.

 

Siña Fanchuca de Castelao (Texto descritivo)

Figueira

Esta morea de pedras e tellas, de latas tomadas e táboas podres, que semella un cortello abatido, foi o tobo en que viveu moitos anos a vella Fanchuca.

Esta figueira de ponlas ensarilladas foi o amparo da vivenda. Os figos ninguén degoraba comelos porque sabían a miseria.

A vella Fanchuca pregaba de porta en porta, alá cando nas nosas aldeas había máis fartura de pan que de diñeiro. Aínda era no tempo en que cada esmola recibía un bico de quen a daba e outro bico de quen a collía; porque as esmolas non eran cachos de cobre acuñado, que eran codelos de pan ou espigas de millo.

A siña Fanchuca, por ser tan probe e tan vella e por estar tan perto da morte, ía tornándose terra e xa se confundía de lonxe coa lama dos camiños. Mais a vella Fanchuca sabía remozarse o día da festa prendendo na roupa moitos remendiños bonitos: adobíos da súa probeza, que o sol e a choiva de todo o ano ían trocando en novos farrapos torreiros.

A vella Fanchuca contaba máis de catro veces vinte anos e portaba nas roupas os remendiños de tódalas festas, talmente como levan as plumas os paxaros cativos.

A primeira mostra de probeza que fitaron os meus ollos foi a siña Fanchuca e dende aquela viven tan aparelladas na miña memoria a vellez e a miseria, que aínda hoxe tódolos vellos enrugadiños parécenme probes de pedir polas portas.