Aquí tedes o material sobre o grande terceiro grupo de cantigas profanas: as de escarnio e maldicir.
Tamén deixo aquí o documento que vimos na aula sobre o romance de Don Gaiferos e a interpretación de Luar na Lubre.
Aquí tedes o material sobre o grande terceiro grupo de cantigas profanas: as de escarnio e maldicir.
Tamén deixo aquí o documento que vimos na aula sobre o romance de Don Gaiferos e a interpretación de Luar na Lubre.
As Cantigas de Santa María poden ser narrativas: narran un milagre da virxe, como a que colocamos a continuación. Obsérvense as ilustracións que son as orixinais coas que o códice foi ilustrado por orde de Afonso X.
Pola contra, as cantigas líricas ou de loor son as que aparecen con intención de gabar ou louvar á Virxe sen máis e presentan un contido máis lírico e semellante ás cantigas de amor. Véxase este exemplo:
Podedes ler aquí os textos correspondentes a estas dúas cantigas ou atopar máis información, tedes a base de datos das cantigas da Universidade de Oxford.
Tamén tedes aquí unha pequena axuda para comprender mellor a diferenza entre rima asoante e consoante.
Canción de Amancio Prada sobre unha das cantigas de amor traballadas na escolma:
E outra canción máis, esta vez sobre unha famosa cantiga de amigo de Martín Códax:
Durante estas vacacións de Semana Santa houbo que traballar na casa cunha serie de exercicios nos que se mesturaba a literatura medieval, os Séculos Escuros, Rosalía de Castro, as viñetas e un texto divulgativo sobre a cincenta moderna. Podes premer na seguinte ligazón para descargalas.
Se xa sabemos distinguir entre unha alborada, unha bailada ou unha mariña, agora é a quenda das cantigas de amor. Se as cantigas de amigo eran composicións postas en boca dunha muller que se laiaba pola ausencia do seu amigo ou namorado, neste tipo de cantigas a voz poética recae sobre un home que na maioría dos casos se queixa polo amor non correspondido do seu señor (senhor) ou dama. Para saber máis sobre as características das cantigas de amor, preme nesta presentación.
Deixo aquí unha escolma de cantigas e distintos exercicios para traballar sobre este tema.
A pesar de que xa tedes outras presentacións máis completas sobre o tema, deixo aquí este documeto complementario sobre as cantigas de amigo, que recolle a información máis básica dun xeito esquematizado: emisor, tipos, personaxes, temas, símbolos…
Tamén subo unha pequena presentación cos subxéneros máis comúns (mariñas, bailadas, de romaría, alboradas), os recursos formais máis habituais: refráns, paralelismos, leixapréns… e unha pequena escolma de cantigas de amigo.
Aquí deixo tamén o documento coa cantiga de Nuno Fernandes Torneol (Levad’, amigo que dormide’las manhanas frías) que presenta unhas características moi especiais.
Aquí tedes máis material sobre tres figuras fundamentais da lírica galega medieval: Martín Codax, Xoán de Cangas e Mendiño.
Como xa sabedes, a estes tres xograres/trobadores dedicouselle o Día das Letras Galegas en 1998. Por aquel entón, a mítica revista Golfiño publicaba este completo artigo no que ademais de datos biográficos atopamos as súas cantigas.
Trátase sempre de cantigas de amigo, un tipo de composición breve na que a voz poética é unha muller namorada que se dirixe ao seu amigo, habitualmente ausente nese momento. Ademais, os autores comparten orixe. Probablemente os tres proceden do entorno da ría de Vigo: Johan ou Xoán de Cangas da zona do Morrazo, Mendiño (tamén Meendihno) de Redondela ou Vigo e Martín Codax de Vigo, polas numerosas referencias á cidade nas súas composicións.
O Instituto de Estudos Medievais da Facultade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa presenta este proxecto dirixido por Graça Videira Lopes que pon a disposición pública a totalidade das composicións medievais galego-portuguesas.
Trátase dunha ferramenta moi útil na que ademais de atopar os textos das cantigas, podedes atopar glosarios, versións musicadas, imaxes dos manuscritos orixinais…
Ondas do mar de Vigo de Martín Codax no Pergamiño Vindel
Como xa sabedes, este semestre combinaremos aulas sobre literatura coa lectura de artigos xornalísticos e outras actividades.
Aquí tedes a presentación introdutoria, coa delimitación da etiqueta literatura galega e a división en períodos que imos seguir: Historia da Literatura galega
Tamén vos deixo a primeira das presentacións, que trata sobre o contexto no que florece a lírica medieval, a influencia de Provenza e os trazos definitorios das cantigas de amor e de amigo respectivamente: Idade_Media
Para ver os exemplos de cantigas de amigo tratados na aula, preme no seguinte documento: Cantigas_amigo