As cantigas de escarnio e maldicir

Aquí tedes o material sobre o grande terceiro grupo de cantigas profanas: as de escarnio e maldicir.

cantiga.jpg

Tamén deixo aquí o documento que vimos na aula sobre o romance de Don Gaiferos e a interpretación de Luar na Lubre.

 

 

As cantigas de escarnio e maldicir

Tras as cantigas de amigo e as cantigas de amor, as cantigas de escarnio e maldicir son o terceiro grande grupo da lírica medieval galego-portuguesa.

Neste grupo adoitan incluírse composicións moi variadas que teñen como nexo común unha intención satírica ou paródica.

A través delas podemos coñecer os hábitos da sociedade da época e léxico relacionado cos ámbitos máis básicos da vida: roupa, partes do corpo, profesións…

Dentro desta categoría podemos distinguir distintos grupos, pero o máis común no corpus galego-portugués é o da sátira social, de tipos e costumes, no que se critican profesións, defectos físicos ou a luxuria dalgúns membros da sociedae.

En canto aos recursos, estas cantigas destacan polo emprego da ironía, os disfemismos e ás referencias de carácter sexual.

Preme nas ligazóns para descargar a presentación  do tema, a escolma de textos relacionados e unha nova que trata sobre o centenario do Pergamiño Vindel, un documento único que contén a notación musical de distintas cantigas profanas.

Biblioteca Pierpont Morgan (Nova Iorque), onde se atopa o manuscrito orixinal do pergamiño Vindel

Presentación sobre cantigas de escarnio e maldicir 

Escolma de cantigas de escarnio e maldicir

Centenario do Pergamiño Vindel