A emigración

Nesta ligazón podedes consultar e mesmo descargar o libro sobre a exposición Os adeuses do fotógrafo Alberto Martí, que documentou as despedidas e os regresos de moitas persoas anónimas nun período fundamental para entender a historia colectiva da Galicia do século vinte.

Lembrade que tedes que escoller unha destas fotografías e escribir un relato dende o punto de vista dun neno, ao igual que acontece nos relatos que vimos na aula  (na imaxe máis abaixo).

   

   

textos_emigracion    

Podedes ler completo o libro de Memorias dun neno labrego aquí.

E aquí tedes a curtametraxe sobre o relato de Castelao:

Ciclo de cine (3ª parte)

Este xoves ás seis da tarde poñemos fin ao ciclo de cine galego con dúas proxeccións. Por unha banda, a curtametraxe Aurelia de Milena Martínez Basalo, que conta a historia dunha muller de Lugo que emigrou a Londres nos anos 60 e acabou traballando na casa de Ringo Starr. Podedes ler máis información sobre ela neste artigo da Disque Cool.

E por outro lado, o filme Engurras de Ignacio Ferreras, baseado na banda deseñada de Paco Roca.  Esta película de animación, que recibiu numerosos galardóns dentro e fóra das nosas fronteiras, narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun centro xeriátrico.

Aquí vos deixo a curta, para aqueles que non poidades asistir, e o tráiler de Engurras.