Pontes poéticas do Atlántio ao Adriático

A semana pasada, con motivo das Xornadas, tivemos o pracer de compartir aulas coa poeta Yolanda Castaño, que impartiu unha charla-obradoiro para as alumnas de galego. Déixovos aquí algunhas fotografías deste coloquio, así como da posterior mesa redonda na que participaron os poetas croatas Marko PogačarMeri Grubić Videc.

A continuación podedes ler o poema colectivo creado con Yolanda e construído sobre metáforas que fan referencia ao sol. Aínda que orixinalmente foi creado en galego, tamén o traducimos nas aulas en dúas versións: unha con rima e outra sen ela. Moitas grazas ás tradutoras, Magdalena e Vedrana!

poema_colectivo

yolanda_1       yolanda_2

yolanda_3       yolanda_4

yolanda_5

A Illa Bufarda

A produtora  audiovisual Illa Bufarda estivo a semana pasada na Universidade de Zadar con motivo das celebración das IX Xornadas Iberorrománicas. Aquí podedes ver algunhas das fotos tiradas durante os seus obradoiros de stop motion poética así como os textos sobre os que traballaron, tanto en galego como na tradución ao croata.

Pronto colgaremos tamén os resultados finais coas curtametraxes xa editadas!

Poema_Elvira     Poema_Rivas

illa_1      Illa_2  illa_3       illa_13

Illa_

 illa_6    Illa_4

illa_7     illa_8

illa_9     illa_10

illa_11     illa_12

Illa_14

Pretérito ou imperfecto de subxuntivo

Agora xa que coñecemos como funcionan todos os tempos do modo indicativo, podemos afondar un pouco máis nos tempos de subxuntivo. De momento vimos o presente de subxuntivo e os seus usos (preme aquí ou aquí para ler máis información) e agora é a quenda do pretérito (tamén chamado imperfecto) de subxuntivo.

Trátase dun tempo que se caracteriza pola terminación -ase/ese/ise (por exemplo: cantase, comese, vivise). Tede moito coidado porque aínda que en castelán o imperfecto de subxuntivo admita dúas formas (cantara/cantase), en galego son dous tempos distintos:

  • Antepretérito de indicativo: cantara (Ex: Tanto cantara a noite anterior, que agora lle doía a gorxa) = FEITO
  • Pretérito de subxuntivo: cantase (Ex: Se cantase mellor a xente viría aos meus concertos) = HIPÓTESE

prete_imperfecto_subx  USOS DO Imperfecto de subxuntivo

preterito_anteprerito    o peor sabado

imper_sux

O negocio dos teus soños

Este é o guion que hai que seguir para facer a presentación sobre o negocio dos vosos soños. Por parellas, imaxinade que tipo de negocio ou tenda abririades se tivesedes todos os cartos do mundo. Teredes que poñervos de acordo sobre o tipo de estabelecemento, a ubicación, o eslogan, a que vai dirixido, a decoración… Con toda esa información teredes que crear unha presentación para presentar ante o resto da aula. Ao final, entre todos, escolleremos a mellor idea.

soñar_gratis

A música e o Rexurdimento

A relación entre música e literatura foi sempre moi estreita, sobre todo durante o Romanticismo (s. XIX). No Rexurdimento galego tamén temos exemplos desta relación. Un dos poetas máis populares deste período foi sen dúbida Curros Enríquez e esa comuñón entre público e poeta queda perfectamente reflectida na fama que acadou unha das súas primeiras composicións: Cántiga (máis coñecida como Unha noite na eira do trigo). Existen múltiples versións musicadas deste texto que conta a historia dun amor truncado pola emigración.

Neste programa da TVG podedes descubrir máis sobre a historia desta canción, así como escoitar distintas versións.

Unha das versións máis populares do poema de Curros foi a reinterpretación pop dos Tamara, que atoparedes no seguinte vídeo:

Falando de música e Rexurdimento, non podía faltar Rosalía. Aquí tedes outro episodio de No bico un cantar, esta vez dedicado ao poema Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro. Como podedes ver, este tema tamén xira en torno á emigración, un dos principais problemas sociais que padeceu Galicia no século XIX. Ao mesmo tempo, tamén hai referencias á explotación e á falta de terras propias para traballar por parte dos labregos (lembrade que neste tempo Galicia aínda sufría o réxime dos foros).

Para rematar imos escoitar unha versión moi peculiar do poema Que ten o mozo? (tamén incluído en Cantares Gallegos) interpretado por Leo i arremecághona. Neste caso, a melodía foi tomada doutra canción. Pois como ben dice Leo, Rosalía foi unha das primeiras en comparar as condicións que padecían os escravos negros coas que tiñan que soportar os labregos galegos: Castellanos de Castilla, tratade ben ós galegos; cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros.

Cursos de verán en Galicia

cursos_galego

Xa está en marcha a XXVIII edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia, nos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Real Academia Galega, co Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e mais coa Deputación da Coruña, e que se celebrarán en Santiago de Compostela do 1 ao 24 de xullo de 2015.

A convocatoria ofrece tres niveis de cursos: elemental (de iniciación á lingua para quen desexe introducirse no seu coñecemento), medio (destinado a quen xa realizou o curso elemental ou demostre un coñecemento básico do idioma mediante a realización dunha proba de nivel) e superior (para quen cursou o nivel medio ou acredite un bo dominio da lingua galega), así como 50 bolsas por un importe de 350 euros e exención de pagamento de matrícula e mais outras 10 bolsas que eximen do pagamento da matrícula, mais que carecen doutra retribución económica. Os criterios de concesión das devanditas bolsas priorizan a procedencia do alumnado de centros de estugos galegos.

Aquí podedes descargar a ficha para inscribirse:

A cincenta moderna e máis viñetas

Déixovos aquí o texto e as actividades cos que traballamos onte na aula sobre o estrés que nos provoca a inesgotable lista de quefaceres á que nos enfrontamos día tras día. Lembrade, que para construír o imperativo formal dirixido a vostede/vostedes, cómpre empregar as formas de presente de subxuntivo que xa coñecemos.

Tamén podedes descargar aquí a actividade sobre as viñetas vista na aula. E nesta ligazón atoparedes a ferramenta para crear os vosos deseños. Aquí tedes un exemplo dos resultados:

vineta_panda