Aquí tedes a presentación sobre o novo tempo verbal que estamos vendo na aula: o copretérito.
Como podedes ver neste cadro, caracterízase polas terminacións:–aba (verbos da 1ª conxugación) e –ía (2ª e 3ª).
Comezamos o curso repasando o que xa sabemos: os tempos de pasado.
Lembrade:
Se precisades máis información sobre como formar ou empregar estes tempos, preme aquí para ler sobre o pretérito ou aquí para o copretérito.
Aquí tedes a presentación sobre o novo tempo verbal que estamos vendo na aula: o copretérito.
Como podedes ver neste cadro, caracterízase polas terminacións: –aba (verbos da 1ª conxugación) e –ía (2ª e 3ª)
O copretérito en xereal emprégase para describir circunstancias do pasado ou para falar de accións en proceso.
Ex: Espertei ás 9 da mañá e fóra chovía//Camiñaba pola rúa cando atopei un moedeiro.
Para aprender máis sobre cando se emprega o pretérito e cando o copretérito: preme na presentación.
Aquí podes ver os exercicios: Exercicios copretérito
Aquí tedes algúns exercicios para repasar o emprego do pretérito e copretérito:
Podedes escoitar o audio ambiental para o exercicio sobre o misterio de Rocío B. aquí
Por outra banda, veredes na parte da dereita dous exercicios sobre tiles. Para facer o primeiro, cómpre escoitar primeiro este audio. Atoparedes a sección dedicada ás palabras que se acentúan distinto en castelán e en galego no capítulo 6 partir do minuto 7.
E por se alguén non se lembra moi ben como era iso dos tiles, podedes consultar aquí as normas básicas de acentuación e a listaxe das palabras que levan til diacrítico, iso é, o acento gráfico que se emprega para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita.
Nesta outra entrada viamos os principais usos do copretérito, pero aínda hai máis. Ademais de para describir costumes do pasado ou accións que se interrompen, o copretérito emprégase para expresar cortesía e respecto cara á persoa coa que falamos.
Ex: Podía dicirme a que hora pasa o tren para Pontevedra?//Quería mercar ese vestido do escaparate.
Aquí tedes dous diálogos e algúns exemplos para afondar máis no tema: O copretérito de cortesía.