pretérito
Máis material
Máis actividades sobre o pretérito
Antes de pasar a un novo tempo verbal, cómpre coñecer a fondo o pretérito. Aquí tes unha actividade que che permitirá comprobar se dominas este tempo:
Tamén vos deixo a canción e a letra do tema Non todo é o que parece do grupo Aerolíneas Federales co que traballamos na aula.
O pretérito
Aquí podedes consultar moitos dos materiais que empregamos este mes de marzo na aula para traballar co pretéto.
O pretérito é un tempo do pasado, que empregamos para expresar unha acción que aconteceu nun momento anterior a aquel no que se atopa o falante. Exemplos:
- Onte falei coa miña irmá por teléfono.
- O ano pasado viaxei a Suecia.
- Esta mañá almorcei unha macedonia de froitas.
Fixádevos que nestes casos non importa cando se produciu a acción (onte, o ano pasado, esta mañá) senón que se trata de momentos anteriores ao presente (o momento no que falamos).
O pasado e as lendas urbanas
Viaxar
Pretérito/copretérito
Comezamos o curso repasando o que xa sabemos: os tempos de pasado.
Lembrade:
- Pretérito: relatar ACCIÓNS E ACONTECEMENTOS rematados no pasado
- Copretérito: describir CIRCUNSTANCIAS OU COSTUMES do pasado.
Se precisades máis información sobre como formar ou empregar estes tempos, preme aquí para ler sobre o pretérito ou aquí para o copretérito.
O pasado: máis exercicios
Un pouco de historia
O pretérito
Agora que xa dominamos o presente, chega o momento de aprender a expresarnos en pasado. O principal tempo de pasado é o copretérito, que serve para relatar accións que xa aconteceron (sen importar se foi onte ou hai un ano). Lembrade, que ao contrario que ocorre en castelán, en galego non existen os tempos compostos, polo tanto, non importa se a acción ten ou non relación co presente.
En castelán:
– Esta mañana he desayunado un zumo de naranja y una taza de leche = PRETÉRITO PERFECTO COMPOSTO
– Ayer desayuné un café con tostadas = PRETÉRITO PERFECTO SIMPLE
En galego = PRETÉRITO
– Esta mañá almorcei un zume de laranxa e unha cunca de leite.
– Onte almorcei un café con torradas.
Aquí tedes o paradigma do pretérito e algúns exercicios:
Entrevista para facerlle ao compañeiro e practicar o pretérito
- Canción de Aerolíneas_Federales para completar con tempos en pasado
Preme aquí para escoitar a canción: http://www.youtube.com/watch?v=9GAYGRxrtG8