pronomes
Máis exercicios
Pronomes en función de CD
Xa coñecemos os pronomes persoais na forma de suxeito: eu, ti, el/ela, nós, vós, eles/elas. Tamén xa falamos das formas de cortesía: vostede/vostedes, que aínda que se refiran ás segundas persoas, esixen a colocación do verbo en terceira.
Pero como vimos na aula, os pronomes non sempre desempeñan a función de suxeito. Neste caso imos centrarnos nas formas dos pronomes persoais en función de CD, iso é, complemento directo.
Como podedes ver no cadro a continuación e nesta presentación, dependendo do contexto fonético van aparecer distintas formas destes pronomes.
Os pronomes: resumo xeral con exercicios
Tras traballar na aula sobre os pronomes, deberíamos saber responder ás seguintes preguntas:
- Que son? Lembrade que se poden definir segundo a súa función e o seu significado.
- Que tipos hai?
- Que son os pronomes átonos? A que tipo de complemento poden sustituir?
- Que é a concorrencia de pronomes?
- Como se colocan?
Para ver a presentación sobre o tema, preme aquí. Tamén podedes ver un pequeno fragmento do programa Ben Falado, no que se explica as regras sobre a colocación dos pronomes (a partir do minuto 2:15).
Aquí tedes as imaxes con máis información e algúns exercicios:
Os pronomes átonos de CD e os conectores
Normalmente cando falamos de pronomes pensamos en: eu, ti, ela, nós… Este tipo de palabras son pronomes persoais tónicos, iso quere dicir que poden funcionar como suxeito. Ex: Nós aprendemos galego.
Pero tamén existe outro tipo de pronomes, os átonos, que poden ter a función de complemento directo ou indirecto.
Neste caso, imos traballar cos pronomes átonos de complemento directo. Ex: Como unha mazá = Cómoa.
Fixádevos, ademais, que hai que lembrar as regras básicas de colocación de pronomes para saber se vai diante ou detrás do verbo.
Nas seguintes ligazóns tedes a teoría e algúns exercicios vistos na aula:
- Os pronomes de complemento directo (teoría)
- Exercicios de pronomes de CD
- Exercicios de: tiles, ortografia e pronomes
Tamén vos deixo aquí algún exercicio máis, no que tamén se introduce o tema dos conectores.
Os alimentos: pronomes e repaso plurais
Pronomes de CD e conectores
Aquí tedes algo máis sobre a teoría dos pronomes en función de CD.
Xa sabedes que as formas habituais sería o/a/os/as, pero que existen algunhas excepcións que fan que estas se transformen en:
– no/na/nos/nas: cando a palabra remata en ditongo. Ex: Merquei o vestido en Zara//Merqueino.
– lo/la/los/las: cando a palabra remata en -s ou -r. Ex: Fixemos o exame o martes pola tarde//Fixémolo.
Por outra banda, na imaxe da dereita podedes atopar máis información sobre os conectores básicos do galego.
Preme na imaxe para ver os exercicios correspondentes.
As formas impersoais
Cando non se quere ou non se pode especificar quen realiza un acción, empregamos as formas impersoais.
Estas constrúense co pronome se e a terceira persoa, ou ben de singular ou ben de plural dependendo do caso.
Aquí tedes a teoría e unhas pequenas receitas nas que se empregan frases impersoais.
Ex: apágase o lume, bótanse todos os ingredientes…
Como podedes ver, o pronome se segue as regras que xa coñecemos canto á colocación dos pronomes, iso é, que polo xeral debe ir detrás e pegado ao verbo. Por outra parte, fíxadevos que este tipo de construcións resultan moi útiles para facer xeneralizacións ou dar instrucións, coma no caso das receitas.
Ex: En Croacia cómese moito marisco.
Máis exercicios
Aquí tedes unha serie de exercicios de repaso sobre algúns dos contidos gramaticais que vimos ultimamente na aula: imperativo, pronomes átonos, conectores, tiles e demostrativos.
Preme nesta ligazón para máis exercicios de Pronomes_átonos e breve texto para completar con tiles.
E neste outro para escoitar a canción de The Homens.
Inditex (máis exercicios de pronomes)
Ola rapazas! Aquí vos vai o texto que limos o outro día sobre a multinacional galega Inditex, que ten sede en Arteixo (A Coruña). Preme na imaxe para facela máis grande.
Tamén vos deixo algúns exercicios de repaso sobre a colocación dos pronomes átonos: Pronomes