O pretérito

Aquí podedes consultar moitos dos materiais que empregamos este mes de marzo na aula para traballar co pretéto.

O pretérito é un tempo do pasado, que empregamos para expresar unha acción que aconteceu nun momento anterior a aquel no que se atopa o falante. Exemplos:

  • Onte falei coa miña irmá por teléfono.
  • O ano pasado viaxei a Suecia.
  • Esta mañá almorcei unha macedonia de froitas.

Fixádevos que nestes casos non importa cando se produciu a acción (onte, o ano pasado, esta mañá) senón que se trata de momentos anteriores ao presente (o momento no que falamos).

pretc3a9rito    pasado

datospersoais o-pretc3a9rito   caeume_xenial

pasado_exercicios     preguntas_texto

biografia

entrevista.png

Saúdos dende Croacia!

Unha postal é unha cartolina de forma rectangular que se envía por correo, e que nunha das súas caras leva unha fotografía ou debuxo, e na outra, espazo para escribir. Normalmente, cando enviamos unha postal empregamos o pasado: por unha banda, o pretérito contando o que fixemos e pola outra o copretérito para describir as circunstancias. Ao mesmo tempo, tamén podemos empregar o futuro para contar os nosos plans máis inmediatos. Como aínda non sabemos como construír o futuro, podemos empregar unha perífrase verbal: ir + infinitivo.

Ex: Onte chegamos a Zadar pola tarde. Facía moito sol e había moita xente nas rúas. Fomos á praia e comimos xeados. Mañá imos coller o autobús para Split e alí imos visitar as ruínas do palacio. 

Aquí tedes algúns exemplos máis.

Postais

Exercicios pretérito/copretérito e tiles

Aquí tedes algúns exercicios para repasar o emprego do pretérito e copretérito:

Historias_pasado

Podedes escoitar o audio ambiental para o exercicio sobre o misterio de Rocío B. aquí

Por outra banda, veredes na parte da dereita dous exercicios sobre tiles. Para facer o primeiro, cómpre escoitar primeiro este audio. Atoparedes a sección dedicada ás palabras que se acentúan distinto en castelán e en galego no capítulo 6 partir do minuto 7.

E por se alguén non se lembra moi ben como era iso dos tiles, podedes consultar aquí as normas básicas de acentuación e a listaxe das palabras que levan til diacrítico, iso é, o acento gráfico que se emprega para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita.

Regras de acentuaciónTil_diacritico

Datas para lembrar: E ti onde estabas cando…?

Aquí tedes tres arquivos de audio no que tres persoas explican que estaban a facer en tres datas importantes para a historia de Galicia.

Logo atoparedes un cadro para completar a información: Con que estaban? Que estaban a facer? Onde estaban? Que pasou?

Audio:

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Manual_Aula_de_Galego_2_Audio_6.wma

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Manual_Aula_de_Galego_2_Audio_7.wma 

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Manual_Aula_de_Galego_2_Audio_8.wma

Datas_lembrar

Falando do pasado: o copretérito

Se o outro día explicabamos que o pretérito era o tempo verbal máis empregado para falar de accións realizadas no pasado, hoxe é a quenda do copretérito.

Este tempo emprégase sobre todo para describir calidades ou costumes do pasado.

Ex: Cando era pequena, levaba o pelo curto.// Adoitaba nadar no mar todas as mañás. 

Pero tamén serve para falar de accións que se interrompen ou que foran planificadas pero finalmente non acontecen.

Ex: Quería mercar un xeado, pero non levaba cartos no peto.//Ía camiñando e atopei un amigo. 

Podedes atopar unha explicación máis completa no seguinte PowerPoint: O copretérito.

E algúns exercicios neste documento: Exercicios copretérito.