Falando do pasado: o copretérito

Se o outro día explicabamos que o pretérito era o tempo verbal máis empregado para falar de accións realizadas no pasado, hoxe é a quenda do copretérito.

Este tempo emprégase sobre todo para describir calidades ou costumes do pasado.

Ex: Cando era pequena, levaba o pelo curto.// Adoitaba nadar no mar todas as mañás. 

Pero tamén serve para falar de accións que se interrompen ou que foran planificadas pero finalmente non acontecen.

Ex: Quería mercar un xeado, pero non levaba cartos no peto.//Ía camiñando e atopei un amigo. 

Podedes atopar unha explicación máis completa no seguinte PowerPoint: O copretérito.

E algúns exercicios neste documento: Exercicios copretérito.