Con motivo da celebración do Día do Libro o pasado 23 de abril, o departamento de Linguas Iberorrománicas da Universidade de Zadar organizou unha lectura pública de poesía no centro da cidade.
Para conmemorar esta xornada, dúas alumnas de cada unha das linguas iberorrománicas que se ensinan na nosa Universidade (galego, catalán, castelán e portugués) recitaron en distintos puntos da cidade unha serie de poemas nas súas linguas respectivas e regalaron rosas aos viandantes, seguindo a tradición de Sant Jordi.