A palabra do ano

Hai un mes o Dicionario Oxford escolleu un emoticono como palabra do ano.

oxford-words_site

No Portal das Palabras tamén están a escoller a palabra que mellor represente o 2015. Podedes votar nesta ligazón durante as dúas primeiras semanas de decembro. Nunha segunda fase, abrirase unha votación para que antes de que remate decembro poidades escoller, de entre as palabras seleccionadas, a vosa favorita. En 2014, a palabra seleccionada foi corrupción. Cal credes que merece gañar este ano?