Cuestionario inicial

Mide o teu nivel de galego con este Cuestionario inicial no que se mesturan cuestións ortográficas, gramaticais e culturais.

Saber interpretar o humor nunha cultura allea tamén é un aspecto importante para comprendela. Aquí tes algunhas viñetas de Luis Davila que se recollen no cuestionario. Saberías explicar onde reside o seu efecto humorístico?

davila_humor  davila_humor_2

davila_humor_4  davila_humor_6

A cincenta moderna e máis viñetas

Déixovos aquí o texto e as actividades cos que traballamos onte na aula sobre o estrés que nos provoca a inesgotable lista de quefaceres á que nos enfrontamos día tras día. Lembrade, que para construír o imperativo formal dirixido a vostede/vostedes, cómpre empregar as formas de presente de subxuntivo que xa coñecemos.

Tamén podedes descargar aquí a actividade sobre as viñetas vista na aula. E nesta ligazón atoparedes a ferramenta para crear os vosos deseños. Aquí tedes un exemplo dos resultados:

vineta_panda