Máis presente de subxuntivo

presente_subxuntivo  preocupacic3b3ns_enquisa  novas_opinionmanifestacic3b3ns   reinvidacic3b3ns

tres_desexospreguntas_animais

Para saber máis sobre os primeiros movementos en favor do nudismo en Galicia, podedes ver este vídeo (en castelán).

Os primeiros nudistas galegos tiveron que enfrontrase á moral máis radical (1983).

O imperativo: as receitas

As indicacións para preparar unha receita conforman un dos tipos de textos nos que se emprega o modo imperativo de maneira habitual. A seguir tedes no documento un exemplo sobre como preparar empanada de millo con berberechos: Receita_imperativo

empanada_millo

Tamén vos deixo a ligazón a un vídeo dun programa de cociña da Televisión de Galicia (TVG): Larpeiros.

Neste fragmento do vídeo van preparar crema de cabazo. Estes son os ingredientes necesarios: aceite, cabazo, cebola, patacas, porro e caldo feito coa carcasa dunha galiña ou un polo. Que aproveite!

Textos sobre a emigración 5: Follas Novas

Escolma poética de Rosalía de Castro, Follas Novas  (1880)

¡Pra a Habana!

Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Véndéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou…
¡Adios, adios, prendas
do meu corazón!»

——————————-

Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van,
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

——————————–

    Tecín soia a miña tea,
    sembrei soia o meu nabal,
    soia vou por leña ó monte,
    soia a vexo arder no lar.
    Nin na fonte nin no prado,
    así morra coa carrax,
    el non ha de virme a erguer,
    el xa non me pousará.
    ¡Que tristeza! O vento soa,
    canta o grilo ó seu compás…;
    ferve o pote…, mais, meu caldo,
    síña te hei de cear.
    Cala, rula; os teus arrulos
    ganas de morrer me dan;
    cala, grilo, que si cantas,
    sinto negras soidás.
    O meu homiño perdeuse,
    ninguén sabe en onde vai…
    Anduriña que pasache
    con el as ondas do mar;
    anduriña, voa, voa,
    ven e dime onde está.

Tamén vos deixo aquí a ligazón ao vídeo Cantigas de emigración, coa música de Fuxan os ventos, Amancio Prada e Benedito, que levou o segundo premio no IX Certamen de Cine Aficionado de Vilagarcía de Arousa en 1980.