Como xa sabedes, a semana pasada celebramos a X edición das Xorndas Iberorrománicas na Universidade de Zádar. Para aquelas alumnas que non puideron asistir, aquí tedes unha actividade complementaria, centrada na tradución de poesía do croata ao galego e viceversa. Preme aquí para ver ou descargar o documento.
tradución
10 palabras galegas que son únicas
O outro día estivemos falando na aula sobre esas palabras que existen en cada idioma e que definen realidades únicas con palabras que non existen ou custa moito traducir a outras linguas. Aquí tedes esa presentación na que podedes atopar as actividades que fixemos e as devanditas palabras.
Presentación: 10 Palabras galegas que non teñen tradución
Vídeo publicitario: Galicia é única
Sobre a tradución
Esta semana pasada liamos un breve artigo sobre a situación dos tradutores en Galicia e unha entrevista a unha das tradutoras máis importantes e prolíficas do sector editorial galego, Eva Almazán.
Aquí vos deixo ambos textos coas preguntas que comentamos na aula e o informe do Consello Europeo das Asociacións de Tradutores (CEATL) no que se comparan distintos parámetros dentro do marco europeo: número de traductores en activo, tarifas, contratos, dereitos…
Tradución de poemas
Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, estivemos traducindo nas aulas de Galego IV e Galego VI dous poemas que se repartirán ese día pola rúa: un de Manuel Rivas (A leiteira) e outro de Yolanda Castaño (Mazás do xardín de Tolstoi).
Aquí podedes ver as dúas versións e mailos textos orixinais:
Leiteira_Mlijekarica e Yolanda Castaño_Jabuke iz Tolstojevog vrta

O cadro de Johannes Vermeer que serve de inspiración a Manuel Rivas

A praia de Jurmala (Letonia), onde Yolanda Castaño síntese como na casa
É fermoso
É fermoso respirar o aire da primavera no Soča
e mentres non estar de resaca.
absorber as pingas do manancial e entón correr nelas.
é fermoso sentirse ben. ter forza
para calquera tipo de fe que non perxudique a ninguén,
polo tanto, non ter.
tamén é fermoso vivir na rúa do Bosut
e crer que existe.
cada mañá entrar na tenda e mercar o pan, comelo
sobre o xornal que atopaches no buzón.
é fermoso cando o correo te atopa e cando podes atopar o correo.
atopar é, en xeral, fermoso.
atopar un rostro familiar ao camiñar polo estadio
ou por unha universidade mala. burlarse é fermoso.
é fermoso atopar un punto.
o coitelo para untar que perdiches moito tempo atrás agora é sedoso.
un batallón de anxos desfilando baixan as súas orellas de ferro
e iso xa está no límite do horrible. todo está no límite do horrible,
e iso tamén é fermoso.
despegar a goma de mascar da sola dun zapato cómodo, o mal
que perturba o teu equilibrio e explica a gravidade.
Newton é fermoso. Brodski é fermoso.
as barricadas son o corazón da arte e son insobornables.
cando toca o punk perfecto cando se avista a Anna Karina cando se
eclipsa a lúa cando se izan as bandeiras cando se separa o mar morto. pasear é fermoso. afogarse.
o que para min é fermoso para outros é perigoso.
abafar porque o aire está cargado de piñeiros. falar croata.
patinar. tamén ao contrario.
son fermosas as ventás que podes abrir
e polas cales tocas as nubes. O Mosor é fermoso.
é fermoso camiñar, escalar e ter fe no cume, saber
o ano no que acabou a guerra cando é o día da liberacion respetar
o día da muller e o día da nai amar as violetas,
sacar a roupa. caer. estar seguro de que estás caendo, entón acordar de súpeto.
espertar. cortar. disparar innecesariamente longos refachos do teu nome,
ser sistematicamente tráxico.
Versión final da tradución do poema feita polas alumnas de Galego V.
Lijepo je de Marko Pogačar
Aquí vos deixo o poema de Marko Pogačar co que traballamos na aula e a tradución que fixo a poeta Yolanda Castaño ao galego. Que vos parece? Svilen ou veludo?