Os textos xornalísticos

Os textos xornalísticos, aqueles que aparecen na prensa escrita, poden encadrarse en distintas categorías textuais. Por exemplo, unha reportaxe turística sobre unha illa do Pacífico pode considerarse un texto principalmente descritivo se se centra en contar con palabras, sobre todo adxectivos, a fermosura daquelas paraxes. Do mesmo xeito, unha crónica que relata o día a día dun político, poderá encaixar na categoría de texto narrativo.

Aquí tedes os materiais cos que traballamos na aula:
novas

partes dun xornal   Prestige   novas_tempo  excursionistas_perdidos

Tamén vos deixo o vídeo da canción de Luar na Lubre sobre a desastre do Prestige e a letra para completar:

prestige 3         rsz_1rsz_nunca_mais1

Os textos narrativos

textos_narrativos

fran_alonso

Lembrade que tamén forman parte deste material as fotocopias cos fragmentos das novelas A Pomba e o Degolado de Fina Casalderrey e Chamádeme Simbad de Francisco Castro Veloso

     Carapuchiña facendo amigos

Textos expositivos

Tralos textos descritivos, narrativos e argumentativos, chega a quenda do derradeiro tipo de textos co que imos traballar este semestre: os textos expositivos.

Este tipo de texto, cuxa principal función é a de transmitir información (feitos, ideas, conceptos…) dun xeito obxectivo, caracterízase por un rexistro formal e polo xeral está destinado a un receptor non especializado.

Son frecuentes este tipo de textos nos libros de texto, nas enciclopedias ou nos artigos de divulgación.

Preme nas imaxes para ler máis sobre os aspectos teóricos dos textos expositivos. Na terceira imaxe podes atopar dous exemplos, ao igual que neste documento Texto expositivo: a empanada

Lembrade tamén que debedes ir buscando un tema relacionado con Galicia (festas, gastronomía, seres mitolóxicos, acontecementos históricos, películas…) para realizar unha presentación oral duns 15 minutos na semana do 30 de xaneiro.

Textox_expositivosTextos_expositivos Textos_expositivos_exemplos

Textos descritivos

O primeiro tipo de texto que imos ver este semestre é o texto descritivo, é dicir, aquel que serve para representar algo ou alguén mediante palabras, xa sean faladas ou escritas.

Segundo a intención e a finalidade do emisor podemos atopar:

a) textos descritivos obxectivos: non inclúen valoracións persoais e explican a realidade con exactitude.

b) textos descritivos subxectivos: comunican os sentimentos e emocións do emisor ou emisora sobre o elemento que describe.

Os textos descritivos caracterízanse por:

1. A presenza de numerosos adxectivos calificativos e substantivos.

2. A utilización de verbos copulativos (ser, estar, parecer) no canto de verbos de acción.

3. Os tempos verbais en presente de indicativo e copretérito. Ex: é, estaba, parecía, ulía, semellaba…

4. Estruturas comparativas. Ex: era tan fermosa como unha rosa en primavera. 

5. A presenza de adverbios de lugar e unha certa organización da información segundo un criterio (espacial ou non)

Finalmente, xa sabedes que segundo a realidade descrita, podemos describir:

a) Obxectos

b) Lugares e ambientes: topografía

c) Realidades abstractas, como sentimentos, ideas…

 

d) Épocas ou feitos históricos: cronografía

 

e) Persoas: retrato (trazos físicos e psicolóxicos), prosoprografía (apariencia externa), etopea (personalidade), caricatura (esaxeración de certos trazos negativos).

Aquí tedes o PowerPoint e algún material de apoio sobre a tipoloxía textual que imos ver.