Normas de acentuación

Nesta presentación podedes consultar as normas de acentuación básicas do galego. Lembrade que existen tres tipos básicos de palabra segundo a colocación da sílaba tónica:

  • Agudas
  • Graves
  • Esdrúxulas

Neste documento, ademais, poderedes atopar algúns dos exercicios vistos na aula.

vocales

Unicamente as vogais poden levar acento gráfico (til)

 

Máis exercicios

Aquí tedes unha serie de exercicios de repaso sobre algúns dos contidos gramaticais que vimos ultimamente na aula: imperativo, pronomes átonos, conectores, tiles e demostrativos.

Exerciciosrodaimperativo_demostrativosImperativo_homens

Preme nesta ligazón para máis exercicios de Pronomes_átonos e breve texto para completar con tiles.

E neste outro para escoitar a canción de The Homens.

 

Acentuación: regras xerais

Xa sabedes que en galego existen principalmente tres tipos de palabras segundo a posición da sílaba tónica: agudas, graves e esdrúxulas.

  • Agudas: cando a sílaba tónica é a última. Ex: can-ción, ma-zá, ac-tor 
  • Graves: cando a sílaba tónica atópase en penúltimo lugar. Ex: va-ca, -cil
  • Esdrúxulas: cando a sílaba tónica é a antepenúltima. Ex: ár-bo-re, -di-co

Non obstante, non todas as palabras levan acento gráfico, iso é, til.

Para aprender en que casos unha palabra debe levar til, preme na seguinte presentación: Acentuación

Exercicios pretérito/copretérito e tiles

Aquí tedes algúns exercicios para repasar o emprego do pretérito e copretérito:

Historias_pasado

Podedes escoitar o audio ambiental para o exercicio sobre o misterio de Rocío B. aquí

Por outra banda, veredes na parte da dereita dous exercicios sobre tiles. Para facer o primeiro, cómpre escoitar primeiro este audio. Atoparedes a sección dedicada ás palabras que se acentúan distinto en castelán e en galego no capítulo 6 partir do minuto 7.

E por se alguén non se lembra moi ben como era iso dos tiles, podedes consultar aquí as normas básicas de acentuación e a listaxe das palabras que levan til diacrítico, iso é, o acento gráfico que se emprega para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita.

Regras de acentuaciónTil_diacritico