Actividades para a Pascua

Durante estas vacacións de Semana Santa houbo que traballar na casa cunha serie de exercicios nos que se mesturaba a literatura medieval, os Séculos Escuros, Rosalía de Castro, as viñetas e un texto divulgativo sobre a cincenta moderna. Podes premer na seguinte ligazón para descargalas.

A poesía

  • A primavera: preme aquí para ler máis sobre refráns da primavera e haikus.
  • Poemas: breve escolma de poemas, onde atopar textos de Fran Alonso, Antonio Teijeiro, Manuel Rivas ou Rosalía.

Non esquezades escribir o voso poema para a festa da primavera, ou en caso de non virdes, enviarmo por correo.

O venres pola noite escolleremos o gañador!

As recensións ou críticas

Ademais dos textos argumentativos, narrativos, descritivos e expositivos, imos ver un tipo máis de escrito: a recensión ou crítica, que é un tipo de artigo no que damos a nosa opinión sobre un libro, unha película, unha obra de teatro, un álbum de música… Trátase dun tipo de texto no que atopamos características propias dos expositivos mesturados con trazos dos textos argumentativos, por exemplo, cando indicamos por que unha película é boa ou mala.

rencesion

Estes son audios que fan falta para responder ao último exercicio: Conversa 1, 2 e 3.

Textos expositivos

A última categoría da tipoloxía textual vista neste semestre é a dos textos expositivos, aqueles que teñen por función principal informar. Como xa comentamos na aula, estes textos poden ser moi diversos. Para aprender máis sobre as súas características, preme nas imaxes:

Textox_expositivos    textos_expos

Lembrade ademais, que a temática do texto non vai determinar o tipo de texto que é. Aquí tedes un exemplo:

versatilidade

O Nadal

Tralas vacacións do Nadal, aquí tedes os materiais que empregamos a finais de decembro para explicar como se viven estas festas en Galicia. Máis vale tarde que nunca.

  • Elementos típicos do Nadal: nesta presentación atoparás dun xeito moi visual os elementos máis populares do Nadal galego: o marisco, o tizón, a cabalgata, os turróns, as uvas…

Doces destas festas

Para as alumnas de Galego III, ademais, unha presentación sobre como facer unha felicitación ou enviar os vosos mellores desexos empregando un novo tempo verbal: o presente de subxuntivo.

Deixo tamén unha fermosa cantiga de Nadal do grupo Berrogüetto.

Textos argumentativos

Como xa sabedes, este semestre está dedicado á tipoloxía textual. Imos centrarnos básicamente en catro grandes bloques:

  1. Os textos narrativos
  2. Os textos descritivos
  3. Os textos argumentativos
  4. Os textos expositivos

Xa vimos os dous primeiros (premede nas ligazóns para consultar as entradas correspondentes), así que agora é a quenda dos argumentativos, que son aqueles que pretenden demostrar ou defender unha idea.

A argumentación, unha ferramenta moi poderosa

Neste materiais poderedes atopar máis información sobre eles, así como sobre tipos de conectores, exercicios…

Os textos xornalísticos

Os textos xornalísticos, aqueles que aparecen na prensa escrita, poden encadrarse en distintas categorías textuais. Por exemplo, unha reportaxe turística sobre unha illa do Pacífico pode considerarse un texto principalmente descritivo se se centra en contar con palabras, sobre todo adxectivos, a fermosura daquelas paraxes. Do mesmo xeito, unha crónica que relata o día a día dun político, poderá encaixar na categoría de texto narrativo.

Aquí tedes os materiais cos que traballamos na aula:
novas

partes dun xornal   Prestige   novas_tempo  excursionistas_perdidos

Tamén vos deixo o vídeo da canción de Luar na Lubre sobre a desastre do Prestige e a letra para completar:

prestige 3         rsz_1rsz_nunca_mais1