Por estas datas celebramos o Samaín. Que mellor xeito de facelo que cunha historia de medo?
Aquí podedes consultar o relato curto que vimos na aula (Sobre a morte de Bieito de Rafel Dieste) e nesta ligazón está dispoñible o libro completo do que foi tirado Os arquivos do trasno.
E agora, para practicar, podedes consultar os distintos tipos de texto que vimos na aula: o conto tradicional, a lenda, a fábula, a novela, o conto literario ou relato curto.
Os textos xornalísticos, aqueles que aparecen na prensa escrita, poden encadrarse en distintas categorías textuais. Por exemplo, unha reportaxe turística sobre unha illa do Pacífico pode considerarse un texto principalmente descritivo se se centra en contar con palabras, sobre todo adxectivos, a fermosura daquelas paraxes. Do mesmo xeito, unha crónica que relata o día a día dun político, poderá encaixar na categoría de texto narrativo.
Aquí tedes os materiais cos que traballamos na aula:
Tamén vos deixo o vídeo da canción de Luar na Lubre sobre a desastre do Prestige e a letra para completar:
Aquí tedes un exemplo máis para entender un pouco mellor as distintas técnicas narrativas que xa explicamos na aula. Lembrade que a principal diferenza entre o monólogo interior e o estilo indirecto libre estriba na persoa gramatical empregada.
No caso de monólogo, o narrador fala en primeira persoa, mentres que no estilo indirecto libre atopamos a terceira persoa de singular, que non obstante se expresa como o faría o protagonista e engade impresións persoais ao relato.
Déixovos aquí o texto de Xabier P. Docampo (en versión bilingüe galego/inglés) co que traballamos na aula a semana pasada. Un texto narrativo cargado de lirismo e relatado en primeira persoa na que o protagonista plasma a emoción do primeiro bico.
Tedes tamén neste documento unha serie de exercicios para practicar os tempos verbais e os rexistros que se adoitan empregar nos textos narrativos: Exercicios_textos_narrativos
Se nas semanas pasadas viamos os textos descritivos, agora é a quenda dos textos narrativos. Estes textos caracterízanse por ser aqueles que transmiten feitos, ben sexan reais ou imaxinarios, con palabras. Os contos, as lendas, as novelas…son exemplos de textos narrativos.
Nesta imaxe, poderedes atopar máis información sobre este tipo de textos: elementos dunha narración, estrutura e tipos de texto narrativo.
Tamén deixo aquí este vídeo, que recolle unha fábula protagonizada por dous animais: un raposo e un sapo.