Os textos descritivos

Poderiamos dicir que describir é pintar con palabras. Pero non todos os textos descritivos teñen a mesma intención ou describen o mesmo tipo de referentes. Preme nas ligazóns a continuación e aprende máis sobre as súas características e tipos:

recursos

A. Obxectos

obxectos-singulares.png

obxectos

B. Lugares

dende-fiestra.pngsnergs

C. Festas e comidas

descricion_festas

gastronomia_galega.png

D. Persoas

descricion_persoas

actividades.png

Outra vaca no millo!

Aquí vai algo do material de aulas pasadas: as expresións con animais cos seus correspondentes exercicios e algo para non esquecer as comparativas.

animais        descricion

LEMBRADE: sempre podemos empregar os elementos que/como para comparar, agás cando o termo comparado é un pronome persoal (min, ti, ela…). Neses casos, cómpre empregar ca/coma.

Ex: Come como un porco. Ou tamén: Come coma un porco.

Ex: É máis alto que unha xirafa. É máis alto ca unha xirafa.

Nestes dous exemplos o elemento que se compora non é un pronome persoal, polo tanto ambas as opcións son válidas.

Agora, fixádevos nestes outros exemplos nos que só podemos empregar ca/coma, por que aparecen pronomes persoais.

Ex: É tan intelixente coma min.

Ex: É máis rápido ca ela.

Os textos descritivos

Describir é representar lugares, obxectos, persoas…con palabras. Podemos dicir que describir é pintar con palabras.

Existen distintos tipos de descrición segundo o punto de vista do emisor (obxectiva ou subxectiva), segundo a realidade que se describe (obxectos, lugares reais, lugares imaxinarios, os trazos físicos dunha persoa, a súa personalidade…).

En calquera caso, este tipos de texto destacan polo uso de adxectivos e nomes e pola presenza de verbos copulativos no canto dos verbos de acción que atopabamos nos textos narrativos.

Para aprender máis sobre os textos descritivos, preme aquí para ver a presentación.

Aquí tamén vos deixo outros materiais cos que traballamos estes días:


recursos    
dende fiestra

    texto_adivinarobxectos

  obxectos singulares         pronominaissubxuntivo

Outro texto descritivo de E. Blanco Amor

Levaba unha grande pamela con papoulas de raso, cereixas de vidro, longa brida. Era branca, moi loura, curta de nariz, os ollos gacios; beizos grosos, pálidos. Camiñaba case sen pousar, tal se esvarase sobre os zapatiños cor limón; a saia verde murcho; branca a chambra, bordada de tons lixeiros, asallosos; luvas amarelas; as mans entretidas en acenos para o lonxe, sinalando, ou no revoar gracioso do abano.

Fragmento de E. BLANCO AMOR. “O estreno”. Os biosbardos.

Aquí atoparedes máis adxectivos calificativos útiles para describir o aspecto físico das persoas.

Adxectivos aspecto física

Siña Fanchuca de Castelao (Texto descritivo)

Figueira

Esta morea de pedras e tellas, de latas tomadas e táboas podres, que semella un cortello abatido, foi o tobo en que viveu moitos anos a vella Fanchuca.

Esta figueira de ponlas ensarilladas foi o amparo da vivenda. Os figos ninguén degoraba comelos porque sabían a miseria.

A vella Fanchuca pregaba de porta en porta, alá cando nas nosas aldeas había máis fartura de pan que de diñeiro. Aínda era no tempo en que cada esmola recibía un bico de quen a daba e outro bico de quen a collía; porque as esmolas non eran cachos de cobre acuñado, que eran codelos de pan ou espigas de millo.

A siña Fanchuca, por ser tan probe e tan vella e por estar tan perto da morte, ía tornándose terra e xa se confundía de lonxe coa lama dos camiños. Mais a vella Fanchuca sabía remozarse o día da festa prendendo na roupa moitos remendiños bonitos: adobíos da súa probeza, que o sol e a choiva de todo o ano ían trocando en novos farrapos torreiros.

A vella Fanchuca contaba máis de catro veces vinte anos e portaba nas roupas os remendiños de tódalas festas, talmente como levan as plumas os paxaros cativos.

A primeira mostra de probeza que fitaron os meus ollos foi a siña Fanchuca e dende aquela viven tan aparelladas na miña memoria a vellez e a miseria, que aínda hoxe tódolos vellos enrugadiños parécenme probes de pedir polas portas.

Textos descritivos

O primeiro tipo de texto que imos ver este semestre é o texto descritivo, é dicir, aquel que serve para representar algo ou alguén mediante palabras, xa sean faladas ou escritas.

Segundo a intención e a finalidade do emisor podemos atopar:

a) textos descritivos obxectivos: non inclúen valoracións persoais e explican a realidade con exactitude.

b) textos descritivos subxectivos: comunican os sentimentos e emocións do emisor ou emisora sobre o elemento que describe.

Os textos descritivos caracterízanse por:

1. A presenza de numerosos adxectivos calificativos e substantivos.

2. A utilización de verbos copulativos (ser, estar, parecer) no canto de verbos de acción.

3. Os tempos verbais en presente de indicativo e copretérito. Ex: é, estaba, parecía, ulía, semellaba…

4. Estruturas comparativas. Ex: era tan fermosa como unha rosa en primavera. 

5. A presenza de adverbios de lugar e unha certa organización da información segundo un criterio (espacial ou non)

Finalmente, xa sabedes que segundo a realidade descrita, podemos describir:

a) Obxectos

b) Lugares e ambientes: topografía

c) Realidades abstractas, como sentimentos, ideas…

 

d) Épocas ou feitos históricos: cronografía

 

e) Persoas: retrato (trazos físicos e psicolóxicos), prosoprografía (apariencia externa), etopea (personalidade), caricatura (esaxeración de certos trazos negativos).

Aquí tedes o PowerPoint e algún material de apoio sobre a tipoloxía textual que imos ver.