teoría
O pospretérito
O Rexurdimento
O Rexurdimento é un movemento cultural, especialmente literario, iniciado na segunda metade do século XIX en Galicia que tiña por obxectivo dignificar a lingua galega e recuperar o seu uso no eido da escrita tralos Sécuros Escuros.
Trátase dun movemento fundamentalmente poético, xa que este foi o xénero literario máis cultivado.
Neste movemento destacan especialmente tres autores: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez.
Aquí tedes a presentación sobre a que levamos traballando este semestre: O Rexurdimento
E aquí podedes consultar textos de cada un dos autores:
- Escolma poética de Rosalía de Castro
- Escolma poética de Eduardo Pondal
- Escolma poética de Curros Enríquez
O imperfecto de subxuntivo
Como xa sabedes, no sistema verbal galego existen tres modos: o indicativo, o subxuntivo e o imperativo.
- O indicativo consta de seis tempos: presente, pretérito, copretérito, antepretérito, futuro e pospretérito.
- O subxuntivo ten tres tempos: presente, imperfecto e futuro.
- O modo imperativo só ten presente.
Para saber máis consulta a presentación: O_verbo
Ao longo deste ano fomos repasando case todos os tempos verbais. Para rematar, imos aprender a construír e empegar o imperfecto de subxuntivo.
O copretérito
Aquí tedes a presentación sobre o novo tempo verbal que estamos vendo na aula: o copretérito.
Como podedes ver neste cadro, caracterízase polas terminacións: –aba (verbos da 1ª conxugación) e –ía (2ª e 3ª)
O copretérito en xereal emprégase para describir circunstancias do pasado ou para falar de accións en proceso.
Ex: Espertei ás 9 da mañá e fóra chovía//Camiñaba pola rúa cando atopei un moedeiro.
Para aprender máis sobre cando se emprega o pretérito e cando o copretérito: preme na presentación.
Aquí podes ver os exercicios: Exercicios copretérito
O presente de subxuntivo
Empregamos o presente de subxuntivo para expresar:
1. Necesidades
Ex: Esixo que remate a guerra.
Necesitamos que se reduza a contaminación.
2. Desexos
Ex: Oxalá que non chova mañá.
Queremos que haxa menos desemprego.
3. Dúbida ou probabilidade
Ex: Quizais no futuro as mulleres reciban o mesmo salario que os homes.
Pode que este verán merque unha nova cámara de fotos.
4. Valoracións persoais
Ex: É inxusto que haxa fame no mundo.
É absurdo que esteas catro horas falando por teléfono.
OLLO!
É verdade que Zadar ten unha costa fermosa = PRESENTE DE INDICATIVO
NON É verdade que Zadar teña unha costa fermosa
Pero, como se constrúe o presente de subxuntivo?
E aquí podedes descargar textos e exercicios para poñelo en prática:
Os audios correspondentes ao exercicio 2: Audio 41, Audio 42, Audio 43.
O pretérito
Agora que xa dominamos o presente, chega o momento de aprender a expresarnos en pasado. O principal tempo de pasado é o copretérito, que serve para relatar accións que xa aconteceron (sen importar se foi onte ou hai un ano). Lembrade, que ao contrario que ocorre en castelán, en galego non existen os tempos compostos, polo tanto, non importa se a acción ten ou non relación co presente.
En castelán:
– Esta mañana he desayunado un zumo de naranja y una taza de leche = PRETÉRITO PERFECTO COMPOSTO
– Ayer desayuné un café con tostadas = PRETÉRITO PERFECTO SIMPLE
En galego = PRETÉRITO
– Esta mañá almorcei un zume de laranxa e unha cunca de leite.
– Onte almorcei un café con torradas.
Aquí tedes o paradigma do pretérito e algúns exercicios:
Entrevista para facerlle ao compañeiro e practicar o pretérito
- Canción de Aerolíneas_Federales para completar con tempos en pasado
Preme aquí para escoitar a canción: http://www.youtube.com/watch?v=9GAYGRxrtG8
Pronomes de CD e conectores
Aquí tedes algo máis sobre a teoría dos pronomes en función de CD.
Xa sabedes que as formas habituais sería o/a/os/as, pero que existen algunhas excepcións que fan que estas se transformen en:
– no/na/nos/nas: cando a palabra remata en ditongo. Ex: Merquei o vestido en Zara//Merqueino.
– lo/la/los/las: cando a palabra remata en -s ou -r. Ex: Fixemos o exame o martes pola tarde//Fixémolo.
Por outra banda, na imaxe da dereita podedes atopar máis información sobre os conectores básicos do galego.
Preme na imaxe para ver os exercicios correspondentes.
As cantigas de amor
Se xa sabemos distinguir entre unha alborada, unha bailada ou unha mariña, agora é a quenda das cantigas de amor. Se as cantigas de amigo eran composicións postas en boca dunha muller que se laiaba pola ausencia do seu amigo ou namorado, neste tipo de cantigas a voz poética recae sobre un home que na maioría dos casos se queixa polo amor non correspondido do seu señor (senhor) ou dama. Para saber máis sobre as características das cantigas de amor, preme nesta presentación.
Deixo aquí unha escolma de cantigas e distintos exercicios para traballar sobre este tema.
Comparativas e conectores
Como sabedes, este vindeiro martes hai que entregar a primeira redacción obrigatoria do semestre: A vida no campo fronte a vida na cidade.
Para facer unha redacción deste tipo é moi importante coñecer os conectores, esas palabras que serven para cohesionar o texto, e mais as estruturas comparativas, para contrastar información sobre dous elementos diferentes.
Premede nas imaxes para ler máis información e ver exemplos.
Tamén tedes aquí un documento con máis exercicios de comparativas.