Introdución ao subxuntivo

Antes de poñer fin a este semestre, explicamos un novo modo verbal, o subxuntivo. Este modo conta de tres tempos: o presente, o copretérito (ou imperfecto) e o futuro. Como xa vimos na aula, para un falante estranxeiro pode resultar moi confuso decidir cando empregar indicativo e cando cómpre poñer subxuntivo. Para aclarar un pouco máis estes conceptos, aquí tedes unha unidade didáctica que vos pode resultar moi útil:

Subxuntivo

ten_teña

presente_indicativo_subxuntivo     subxuntivo_presente     presente_subxuntivo

O imperfecto de subxuntivo

Como xa sabedes, no sistema verbal galego existen tres modos: o indicativo, o subxuntivo e o imperativo.

  • O indicativo consta de seis tempos: presente, pretérito, copretérito, antepretérito, futuro e pospretérito.
  • O subxuntivo ten tres tempos: presente, imperfecto e futuro.
  • O modo imperativo só ten presente.

 Para saber máis consulta a presentación: O_verbo

Ao longo deste ano fomos repasando case todos os tempos verbais. Para rematar, imos aprender a construír e empegar o imperfecto de subxuntivo.

prete_imperfecto_subxusos_pret_imper_subx

imper_sux

 

Saúdos dende Croacia!

Unha postal é unha cartolina de forma rectangular que se envía por correo, e que nunha das súas caras leva unha fotografía ou debuxo, e na outra, espazo para escribir. Normalmente, cando enviamos unha postal empregamos o pasado: por unha banda, o pretérito contando o que fixemos e pola outra o copretérito para describir as circunstancias. Ao mesmo tempo, tamén podemos empregar o futuro para contar os nosos plans máis inmediatos. Como aínda non sabemos como construír o futuro, podemos empregar unha perífrase verbal: ir + infinitivo.

Ex: Onte chegamos a Zadar pola tarde. Facía moito sol e había moita xente nas rúas. Fomos á praia e comimos xeados. Mañá imos coller o autobús para Split e alí imos visitar as ruínas do palacio. 

Aquí tedes algúns exemplos máis.

Postais

O copretérito

Aquí tedes a presentación sobre o novo tempo verbal que estamos vendo na aula: o copretérito.

Como podedes ver neste cadro, caracterízase polas terminacións: –aba (verbos da 1ª conxugación) e –ía (2ª e 3ª)

copreteritoverbos_irregulares_copreterito

 O copretérito en xereal emprégase para describir circunstancias do pasado ou para falar de accións en proceso.

Ex: Espertei ás 9 da mañá e fóra chovía//Camiñaba pola rúa cando atopei un moedeiro. 

 Para aprender máis sobre cando se emprega o pretérito e cando o copretérito: preme na presentación.

Aquí podes ver os exercicios: Exercicios copretérito

O presente de subxuntivo

Empregamos o presente de subxuntivo para expresar:

    1. Necesidades

Ex: Esixo que remate a guerra. 

          Necesitamos que se reduza a contaminación.

    2. Desexos

Ex: Oxalá que non chova mañá.

            Queremos que haxa menos desemprego.

3. Dúbida ou probabilidade

Ex: Quizais no futuro as mulleres reciban o mesmo salario que os homes.

       Pode que este verán merque unha nova cámara de fotos.

4. Valoracións persoais

Ex: É inxusto que haxa fame no mundo.

       É absurdo que esteas catro horas falando por teléfono.

OLLO!

É verdade que Zadar ten unha costa fermosa = PRESENTE DE INDICATIVO

NON É verdade que Zadar teña unha costa fermosa 

Pero, como se constrúe o presente de subxuntivo?

Presente_subxuntivo

 

E aquí podedes descargar textos e exercicios para poñelo en prática:

preocupacións_enquisamanifestaciónsreinvidacións

exercicios_presente_subxuntivo

 

Os audios correspondentes ao exercicio 2: Audio 41Audio 42Audio 43.

O pretérito

Agora que xa dominamos o presente, chega o momento de aprender a expresarnos en pasado. O principal tempo de pasado é o copretérito, que serve para relatar accións que xa aconteceron (sen importar se foi onte ou hai un ano). Lembrade, que ao contrario que ocorre en castelán, en galego non existen os tempos compostos, polo tanto, non importa se a acción ten ou non relación co presente.

En castelán:

Esta mañana he desayunado un zumo de naranja y una taza de leche = PRETÉRITO PERFECTO COMPOSTO

Ayer desayuné un café con tostadas = PRETÉRITO PERFECTO  SIMPLE

 

En galego = PRETÉRITO

Esta mañá almorcei un zume de laranxa e unha cunca de leite.

Onte almorcei un café con torradas. 

 

Aquí tedes o paradigma do pretérito e algúns exercicios:

Pretérito O pretéritoPasado_conectorespasado_exercicios

Entrevista para facerlle ao compañeiro e practicar o pretérito

Preme aquí para escoitar a canción: http://www.youtube.com/watch?v=9GAYGRxrtG8 

historia_amorbiografia

O antepretérito

Ata o de agora sabíamos como empregar os seguintes tempos verbais: o presente, o pretérito, o copretérito, o futuro e o pospretérito, todos eles tempos de indicativo. Agora, antes de poñer fin a este semestre, é a quenda do antepretérito, o último tempo que nos queda por coñecer do modo indicativo. Aquí embaixo tedes o material relacionado con el.

Antepreterito_1Antepreterito_2Antpreterito_3

Non esquezades que o día 31 é a data da proba final, que constará de contido gramatical e cultural, así como dun pequeno exercicio de audio.  Por outra parte, o día 29 teredes que expoñer as vosas presentacións orais sobre o libro de lectura obrigatoria.