A represión lingüística

Hoxe falamos na aula de como era Galicia durante o franquismo. Preme na imaxe para ver os exercicios.

galicia_franquismo

Como podemos comprobar, ademais de outras moitas liberdades,  tamén estaba prohibido ensinar galego. Aínda que hai que afirmar que non houbo ningunha lei específica do Estado que perseguise o galego, o que si houbo foi unha campaña para fomentar e dar prestixio ao uso do castelán, o que a súa vez promovía na conciencia social unha infravaloración do idioma galego.

sea_patriota

Un dos bastións fundamentais que o franquismo quixo destruír foi o da cultura. Todos os intelectuais, pintores, escritores, mestres…foron os primeiros destinatarios da represión franquista. Esta obra gráfica de Castelao (A derradeira lección do mestre) expresa esta filosofía do terror. Por outra banda, os mestres que exercían explicaban en castelán a uns rapaces que falaban integramente en galego. Cada vez que a un alumno se lle escapaba unha palabra en galego, este ere castigado ou era motivo de mofa por outros compañeiros. Neste ambiente, os rapaces medraban entendendo que o galego estaba ben para falar na casa, para xogar a pelota no recreo pero non para empregar na escola, na igrexa ou en calquera ámbito formal.

Aquí tedes o  testemuño en vídeo dunha muller que viviu esa represión e ridiculización na escola durante a época franquista.

Para rematar, déixovos un framento de A lingua das bolboretas (relato de Manuel Rivas) no que precisamente se trata o tema da escola e dos mestres dunha perspectiva infantil e inocente durante a 2ª República.