- Para comenzar aquí tedes un documento co alfabeto galego e os problemas de pronuncia máis comúns.
- Tamén podedes consultar esta folla con fórmulas de presentación e preguntas básicas
saúdos
O alfabeto e fórmulas básicas de presentación
Aquí podedes consultar e descargar o material da primeira sesión.
Verbos básicos, colocación dos pronomes e números
Hoxe na aula vimos o verbo ser e o chamarse. Ollo á colocación dos pronomes. Xa sabedes: en galego, por regra xeral, sempre van detrás do verbo (Ex: chámome…). Tamén atoparedes as excepcións máis importantes a este regra, a saber:
1. O pronome colócase antes do verbo en frases introducidas por pronomes interrogativos. Ex: Como se chama?
2. O pronome colócase antes do verbo en frases negativas. Ex: Ela non se chama Ivana.
3. O pronome colócase antes do verbo en frases subordinadas que veñen introducidas por nexos como que.
Ex: Creo que se chama Marta.
Por outra banda, no documento tamén figuran os números, máis exercicios de presentación e alfabeto e o verbo vivir e estar. Nos vos preocupedes que habémolo explicar todo na aula.
Documento da aula do 17.10.2013
Aburiño!
O alfabeto e as fórmulas de presentación
Aquí podedes atopar un documento co alfabeto, os dígrafos e algunhas grafías estranxeiras que tamén empregamos. Lembrade que no galego aínda que temos 5 vogais, existen 7 fonemas vogálicos, pois hai que contar co e e o o abertos.
Amais, tamén vos deixo un documento con saúdos típicos, fórmulas de presentación e preguntas que poden resultar útiles para sobrevivir en Galicia.
Aburiño!
Material de descarga: