Déixovos aquí o vídeo co que traballamos na clase para a proba de comprensión oral:
- E tamén podedes ler aquí o artigo sobre o pergamiño Vindel xunto coas actividades.
Déixovos aquí o vídeo co que traballamos na clase para a proba de comprensión oral:
Canción de Amancio Prada sobre unha das cantigas de amor traballadas na escolma:
E outra canción máis, esta vez sobre unha famosa cantiga de amigo de Martín Códax:
Un ano máis, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizan os Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia, que van ter lugar en Santiago de Compostela entre o 2 e o 24 de xullo de 2014.
Se queredes participar, debedes enviar por correo electrónico á Secretaría dos Cursos a ficha de inscrición, o voso curriculum vitae e unha carta de presentación dun profesor ou profesora de Universidade, así como todos os méritos que consideredes de interese.
Aquí tedes a ligazón para descargarvos a ficha de inscrición. E aquí ou tamén aquí podedes atopar máis información sobre as bolsas.
Lembrade que o prazo para a recepción de toda a documentación na secretaría dos cursos remata o 1 de maio.
Denomínase Camiño de Santiago ao conxunto das vías de acceso que os peregrinos poden percorrer para chegar ata a catedral de Santiago de Compostela, onde supostamente residen os restos do Apóstolo.
Foi no século IX cando se descubriu o corpo e dende entón Galicia converteuse nun centro de peregrinación para toda a cristiandade, sendo unha vía de penetración para correntes culturais, como aconteceu no caso da lírica provenzal, así como unha fonte de ingresos que fixo que a cidade florecera.