Inicio do semestre de verán

Ola a todas:

Lembrade que a vindeira semana non haberá aulas de galego e polo tanto quedan canceladas as clases do martes 1 e do xoves 3 de marzo.
Verémonos no horario habitual na segunda semana de marzo.
Por outra banda, aquí podedes ir descargando os programas das distintas materias:

camiseta-falo

Programa da materia: Galego II

Nesta ligazón podedes descargar o programa da materia Galego II. Fixádevos na data de entrega dos distintos traballos e tamén na data do exame: 9 de xuño.

Lembrade, ademais, que haberá un libro de lectura obrigatoria: A lingua das bolboretas, sobre o que haberá que realizar un pequeno traballo (data de entrega: 2 de xuño).

A portada do libro e o seu autor, Manuel Rivas.

A portada do libro e o seu autor, Manuel Rivas.

Programa da materia

Ola a todas! Aquí podedes descargar o programa da materia de Galego V para o ano 2014/2015.

Como podedes ver, é obrigatorio asistir e participar na aula. Ademais, haberá unha serie de exercicios e unha proba final das que se tirará a vosa puntuación final. Esa proba realizarase o 27 de xaneiro no horario de aulas habitual.

Lembrade tamén que para este semestre hai un libro de lectura obrigatoria: O club da calceta de María Reimóndez.

Programa da materia

Ola a todas! Aquí podedes descargar o programa da materia de Galego I para o ano 2014/2015.

Como podedes ver, é obrigatorio asistir e participar na aula. Ademais, haberá unha serie de exercicios e unha proba final das que se tirará a vosa puntuación final. Esa proba realizarase o 27 de xaneiro no horario de aulas habitual.

Tamén vos deixo un pequeno mapa coas linguas que se falan na península Ibérica. Lembrade que todas, agás o éuscaro, son linguas iberorrománicas e proceden do latín.

mapa_linguas