- Presentación inicial sobre a familia: Preme aquí para ver ou descargar
posesivos
A familia, os artigos e os posesivos
Nesta entrada podedes atopar os materiais que empregamos na aula durante a última semana, iso é, o vocabulario para falar das relacións familiares, do estado civil, os posesivos e algúns exercicios para poñer todo iso en práctica.
Tamén hai un documento para repasar o dado sobre os artigos e algunhas fichas sobre erros frecuentes e os usos do verbo ser e ter.
Os posesivos
Os posesivos son os determinantes que acompañan a un nome para indicar propiedade, pertenza ou unha relación de correspondencia. Ex: O meu pai é fontaneiro. A miña nai é caixeira nun supermercado. Neste cadro tedes as distintas formas dos posesivos para o singular e o plural, o masculino e o feminino. E neste documento (Exercicios_posesivos) atoparedes un texto sobre a familia que pon en práctica estes determinantes.